Bieito IX, papa

Bieito IX, papa
Papa Benedictus IX.jpg
Nome de nacementoTeofilatto
Nacementoxuño de 1012
 Roma
Falecementoc. 1055
 Grottaferrata
SoterradoAbadía territorial de Santa María de Grottaferrata
Relixióncristianismo
Ocupaciónclérigo e sacerdote católico
PaiAlberico III de Túsculo
IrmánsPeter, Duke of the Romans
editar datos en Wikidata ]
Pope Benedict IX Illustration.jpg

Bieito IX (de nome Teofilacto, nome orixinal Teofilatto; Theophylactus en latín), nado en Roma en 1012 ou 1021 e finado en Grottaferrata, Estados Pontificios (Italia), en 1055, foi o papa nº 145, 147 e 150 da Igrexa católica de 1032 a 1044 nun primeiro período; de abril a maio de 1045 nun segundo período e de 1047 a 1048 nun terceiro período.

Traxectoria

Da dinastía dos Teofilactos que lle deu seis papas á cristiandade, foi sobriño dos papas Xoán XIX e Bieito VIII e descendente de Xoán XI, Xoán XII e Xoán XIII. Elixido sumo pontífice con pouca idade, aínda que parece unha lenda ou un erro histórico supor que tiña 12 anos ao empezar a ser papa, cando quizá contaba xa con 20 ou 25 anos.[1]

Primeiro período (1032-1044)

O 21 de outubro de 1032 foi elixido sumo pontífice. Segundo Rodolfus Glaber, sería papa con 12 anos,[2] un dato que hoxe se consideraría un erro que non correspondería á realidade.[3] Chega á cadeira pontificia grazas a que o seu pai, o Conde Alberico III, que era o verdadeiro dono de Roma, suborna á Curia e consegue para o seu fillo tan prezado posto. En 1037 viaxou para atoparse co Emperador Conrado II e excomungou a Heriberto Arcebispo de Milán, con quen Conrado II tiña unha antiga inimizade. A morte do Emperador Conrado II, privara ao Papa Bieito IX do seu principal apoio. Finalmente un capitán romano, Gerardo dei Sasso expulsouno de Roma e puxo no seu lugar ao Bispo de Sabinia.

Segundo período (abril a maio de 1045)

Expulsou á forza a Silvestre III e foi reelecto o 10 de abril de 1045, pero en maio, abdicou ao vender, co propósito de casar, o seu cargo pontificio por 1500 libras de ouro ao Arcipreste Xoán de Graciano, futuro papa papa|Gregorio VI. Bieito IX abandona Roma.

En 1046 xunto a Silvestre III quixo derrocar ao papa Gregorio VI, pero o rei alemán Henrique III viaxou até alí e organizou o Concilio de Sutri que o 20 de decembro o expulsou de Roma.

Terceiro período (novembro de 1047 a xullo de 1048)

Bieito atacou Roma e foi aceptado polo clero e o pobo para evitar tumultos e derramamentos de sangue para ser elixido por terceira vez o 8 de novembro de 1047. Con todo non o aceptaron os Crescencios, inimigos históricos dos Condes. Entre as dúas familias estalou unha guerra desapiadada. Bieito convocou varios Sínodos, en Spello, en Roma e en Marsella. Expulsado e excomungado o 17 de xullo de 1048, despois de oito meses polos Consellos de San Bartolomeu. Nunca cesou de loitar por reconquistar o Papado. Máis adiante fíxose monxe de San Basilio en Grottaferrata onde morreu o 18 de setembro de 1055.

Other Languages
беларуская (тарашкевіца)‎: Бэнэдыкт IX (папа рымскі)
български: Бенедикт IX (папа)
brezhoneg: Benead IX
català: Papa Benet IX
Mìng-dĕ̤ng-ngṳ̄: Gáu-huòng Benedictus 9-sié
čeština: Benedikt IX.
Deutsch: Benedikt IX.
Esperanto: Benedikto la 9-a
español: Benedicto IX
français: Benoît IX
客家語/Hak-kâ-ngî: Kau-fòng Benedictus 9-sṳ
hrvatski: Benedikt IX.
Bahasa Indonesia: Paus Benediktus IX
ქართული: ბენედიქტე IX
lietuvių: Benediktas IX
latviešu: Benedikts IX
македонски: Папа Бенедикт IX
مازِرونی: بندیکت نهم
Nederlands: Paus Benedictus IX
polski: Benedykt IX
português: Papa Bento IX
Runa Simi: Binidiktu IX
русский: Бенедикт IX
sicilianu: Binidittu IX
srpskohrvatski / српскохрватски: Benedikt IX
Simple English: Pope Benedict IX
slovenčina: Benedikt IX.
slovenščina: Papež Benedikt IX.
српски / srpski: Папа Бенедикт IX
svenska: Benedictus IX
Türkçe: IX. Benedictus
українська: Бенедикт IX
中文: 本篤九世
粵語: 本篤九世