Biblioteca Nacional da Dieta

A Biblioteca Nacional da Dieta (国立国会図書館 Kokuritsu Kokkai Toshokan?) estableceuse no Xapón en 1948 como parte da Dieta do Xapón para labores de administración pública. Esta biblioteca é a única biblioteca nacional do país, e conta con dúas instalacións principais en Tokio e Kioto, xunto con outras sucursais menores noutras cidades do país.

Inaugurouse en xuño de 1948 cunha colección inicial de 100 000 volumes. O primeiro encargado desta organización foi o político Tokujirō Kanamori, mentres que o filósofo Masakazu Nakai serviu como segundo ao cargo. En 1949 a biblioteca fusionouse coa Biblioteca Nacional, previamente denominada Biblioteca Imperial, converténdose na única biblioteca nacional do Xapón.[1]

Notas

  1. "Kokuritsu Kokkai Toshokan shōshi" (en xaponés). Kokuritsu Kokkai Toshokan. Consultado o 13 de xaneiro de 2011. 
Other Languages
Simple English: National Diet Library