Beatriz

Beatriz Portinari, unha das persoas notorias de nome Beatriz.

Beatriz (βeaˈtɾiθ ou βeaˈtɾis) é un nome propio feminino galego de orixe latina (Benedictrix ou Beatrix) que significa ‘benaventurada’, ‘portadora de ledicia ou de beatitude’ ou viaxeira.

A forma galega é coincidente coa española e portuguésa (pronunciada: βiɐˈtɾiʒ). A forma francesa é Béatrice, en inglés e italiano é Beatrice.[1]

Bea é a forma curta (hipocorístico) en galego.

Santoral

  • Santa Beatriz, mártir cristiá do século III, irmá dos mártires Simplicio e Faustino, cuxos corpos foron deitados no río Tíber. Festividade: 6 de novembro e tamén o 29 de xullo.
  • Santa Beatriz da Silva (Campo Maior, 1424 – Toledo, 1492), nobre portuguesa e santa católica venerada o 17 de agosto e o 1º de setembro.

Non era un nome moi común en Galicia, de feito non existen parroquias baixo esta advocación.

Other Languages
aragonés: Beatriz
brezhoneg: Beatriz
English: Beatriz
español: Beatriz
norsk: Beatriz
português: Beatriz