Batalla de Annual

Desastre de Annual
Guerra del Rif 1922 - 2.jpg
Cadáveres españois en Monte Arruit meses despois da batalla.
Data:22 de xullo - 9 de agosto de 1921
Lugar:Annual, Marrocos
Conflito:Guerra do Rif
Resultado:vitoria decisiva rifeña

Coñécese como Desastre de Annual a grave derrota militar que sufriu o exército español durante a Guerra de Marrocos (ou Guerra do Rif) o 22 de xullo de 1921, preto da localidade marroquí de Annual, fronte as tropas rifeñas baixo o mando de Abd el-Krim. A denominación de "Desastre de Annual" dase unicamente en España, xa que no Rif coñécese como "Vitoria de Annual".

Esta foi unha das maiores crises que atacaron o reinado de Afonso XIII, e o intento de evitar as responsabilidades foi unha das causas do golpe de estado de Primo de Rivera e a posterior Ditadura.

Antecedentes dos feitos

En febreiro de 1920 o xeneral Manuel Fernández Silvestre, tomou posesión do cargo de Comandante Xeneral de Melilla. Coa súa chegada a este posto, ordenou o avance das tropas durante todo o ano para conquistar os territorios ao oeste de Melilla.

A misión era moi complcada pola escasa preparación dos soldados españois, na súa maioría recrutas, mal pagados e alimentados e peor equipados[1][2](dotados de fusís e de artillería pesada moi anticuada) e calzados (con abarcas e alpargatas) e que tiñan un medo terríbel aos rifeños e rapidamente se desmoralizaron. Tamén se deu unha corrupción xeralizada tanto na intendencia como entre a oficialidade, que vendía armas e municións aos propios rifeños.[3]

Durante o inverno e a primavera de 1921, continuaron as operacións nestes territorios, ocupados case sempre sen violencia, chegando a acordos cos xefes dos territorios ofrecéndolles diñeiro para conseguir a súa amizade. En cada lugar ocupado construían pequenos cuarteis chamados " blocaos", sempre nas zonas máis elevadas, onde xeralmente non había auga, o que obrigaba a ir a por ela en mulas.

A distancia entre os "blocaos" era variable, entre 20 e 40 quilómetros, segundo estivese o terreo, pero se estaban moi xuntos as forzas repartíanse, co que había bos recursos para afrontar un ataque inimigo. As condicións dos soldados non eran boas. As subministracións escaseaban, as ratas e os piollos eran moi frecuentes no campamento.

Estando así as cousas, en maio de 1921, o groso do exército estaba nun gran campamento situado nuns outeiros preto de Annual. Dende Melilla até ese campamento había tres prazas fortes separadas entre si 30 quilómetros, máis outros pequenos fortíns con 100 ou 200 soldados cada un.

Até ese momento non houbera ningún enfrontamento armado, aínda que se gardaban as distancias con algunhas tribos que producían pequenos incidentes sen ningunha baixa importante.

Other Languages
aragonés: Batalla d'Annual
العربية: معركة أنوال
brezhoneg: Emgann Annual
Esperanto: Batalo de Annual
Bahasa Indonesia: Pertempuran Annual
Nederlands: Slag om Annual
português: Batalha de Annual