Barrios de Toquio

Mapa da porción principal de Toquio mostrando cidades veciñas e a baía de Toquio.

Os 23 barrios especiais (特別区 tokubetsuku) constitúen a subdivisión administrativa de Toquio, no Xapón. Varían moito en tamaño (de 10 a 60 km²) e en poboación (de 40 000 a 830 000 habitantes). Setagaya é o mais populoso; Ōta, é a que ten maior extensión

Existen barrios (区 ku) noutras cidades do Xapón, mais os de Toquio son especiais. Dende a década de 197 os barrios de Toquio teñen unha autonomía maior da que teñen outros barrios, tornándose algo máis semellante a unha cidade independente que distritos dunha cidade. Cada barrio especial conta co seu propio "alcalde" (区長 kuchō) e "asemblea" (区議会 kugikai).

A poboación total dos 23 barrios é de 8,28 millóns (2002), preto de 2/3 da poboación de Toquio e un cuarto da poboación da Área do Gran Toquio. A súa densidade de poboación é de 13 333 hab./km².

Historia

Na zona dos barrios de Toquio ata 1943 existía a cidade de Toquio. Neste ano a cidade de Toquio e a prefectura de Toquio (naquel momento chamábase Tōkyo-fu) uníronse e foi fundada a nova prefectura de Toquio (chámase Tōkyo-to). E na zona antiga da cidade de Toquio fixéronse 35 barrios.

Other Languages
日本語: 東京都区部
한국어: 도쿄도 구부
Bahasa Melayu: Wad khas di Tokyo
português: Bairros de Tóquio
Simple English: Special wards of Tokyo