Barrabás (filme de 1961)

Barrabás
Ficha técnica
DirectorRichard Fleischer
ProdutorDino De Laurentiis
GuiónNigel Balchin
Diego Fabbri
Christopher Fry
Baseado enBarabbas de Pär Lagerkvist
IntérpretesAnthony Quinn
Arthur Kennedy
Jack Palance
Silvana Mangano
Harry Andrews
Ernest Borgnine
MúsicaMario Nascimbene
FotografíaAldo Tonti
MontaxeAlberto Gallitti
Raymond Poulton
EstudioDino de Laurentiis Cinematografica
DistribuidoraColumbia Pictures
EstreaItalia 23 de decembro de 1961
Duración137 minutos
OrixeItalia Italia
XéneroÉpico, relixioso
Recadación$2 900 000 (USA / Canadá)[1]

Barrabás (en inglés: Barabbas) é un filme italiano de 1961 dirixido por Richard Fleischer. Está protagonizado por Anthony Quinn como Barrabás, xunto con Silvana Mangano, Katy Jurado, Arthur Kennedy, Harry Andrews, Ernest Borgnine, Vittorio Gassman e Jack Palance, e foi distribuído por Columbia Pictures. Foi concibido como un gran filme épico romano e está baseado na novela Barabbas, obra do Premio Nobel de Literatura Pär Lagerkvist.

Foi rodado en Verona e Roma baixo a supervisión do produtor Dino De Laurentiis. Inclúe moitas escenas salientables, como unha batalla de gladiadores en Cinecittà ou unha crucifixión durante un eclipse solar real.

Personaxes

  • Anthony Quinn como Barrabás
  • Arthur Kennedy como Poncio Pilato
  • Jack Palance como Torvald
  • Silvana Mangano como Raquel
  • Harry Andrews como Pedro
  • Ernest Borgnine como Lucio
  • Katy Jurado como Sara
  • Vittorio Gassman como Sahak
  • Norman Wooland como Rufio
  • Valentina Cortese como Julia
  • Arnoldo Foa' como Joseph of Arimathea
  • Michael Gwynn como Lázaro
  • Laurence Payne como discípulo
  • Douglas Fowley como Vasasio
  • Guido Celano como Scorpio
  • Enrico Glori
  • Carlo Giustini como oficial
  • Gianni di Benedetto como oficial
  • Robert Hall como comandante dos gladiadores
  • Rina Braido como taberneira
  • Nando Angelini
  • Tullio Tomadoni como cego
  • Joe Robinson como Gladiador