Bandung

Bandung
Kota Bandung
Municipal Flag of Bandung, Indonesia.svg
Lambang Kota Bandung.svg
Montage of Bandung.jpg
Imaxes de Bandung
Localización
Bandung en Indonesia
Bandung
Bandung
PaísFlag of Indonesia.svg Indonesia
ProvinciaXava Occidental
Xeografía
Altitude768 msnm
Superficie167,67 km²
Demografía
Poboación2 575 478 hab. (www.bandung.go.id

Bandung é a capital da provincia de Xava Occidental, Indonesia, situada a 768 metros ten 2 585 446 habitantes (2000). A área metropolitana denomínase Kabupaten Bandung.

Historia

Fogar do home de Xava nas ourelas do lago prehistórico que inundaba o val onde despois creceu a cidade, a primeira mención da área de Bandung data de 1488 cando pertencía ao reino hindú de Pajararan.

Colonia holandesa

Xa na época colonial, baixo o poder da Compañía Holandesa das Indias Orientais a metade do século XVII, foi fundada a rexencia con capital en Dayeuh Kolot (11 km ao sur). Nese século e o seguinte a compañía estableceu plantacións na fértil rexión e unha primeira estrada de unión con Batavia (Jakarta) foi construída en 1786.

Fundación coma vila residencial

En 1809, en poder do imperio napoleónico, ordénase a construción dunha segunda estrada que cruzase Xava para mellorar a defensa fronte aos ingleses. Coma a chaira costeira era daquela terreo pantanoso, o gobernador Daendels proxéctaa pola meseta de Bandung. De Groote Postweg ("a gran ruta do correo", hoxe rúa Asia-Africa) atravesou a comarca en 1810 e deseguido decidiuse o traslado da capital da rexencia ao seu carón nun lugar a salvo de asolagamentos. Así naceu Bandung coma cidade residencial [1]. Fronte ao pazo do rexente un espazo aberto, o Alun-alun, que daba á Postweg e estaba rodeado doutros edificios representativos (gran mesquita, pendopo ou lugar de reunións), convertíase no centro da vila [2].

A metade do século XIX os holandeses fana capital de Priangan (conxunto de distritos da rexión). Un pazo residencial ao norte da Postweg e un hipódromo ao sur marcan o novo eixe transversal da cidade [3].

No 1880 comezou a operar o ferrocarril Batavia-Bandung [4]. En paralelo á Postweg polo norte, terá un forte impacto urbano posterior ao dividi-la vila en dous, xa que deseguido forneceu crecemento industrial e poboacional (chinatown xunto a estación) [5][6]. Entre 1906 e 1926 Bandung conseguiu o status de municipalidade e de cidade [7].

Capital fallida da colonia

O edificio do concello ao norte das vías creou un novo centro a partir do cal a cidade creceu cara ao nordeste. Motivos de seguridade e clima favoreceron a idea do traslado da capital das Indias Orientais Holandesas de Batavia a Bandung. En 1914 o barrio militar estendeuse ao leste do concello e despois progresivamente (na década dos vinte e trinta) púxose en funcionamento un ambicioso plan arredor dun novo complexo gobernamental [8][9]. Cos principios da cidade xardín deseñouse o chamado barrio europeo, unha coroa residencial en torno ao anterior [10]. No extremo norte erixiuse o campus da prestixiosa Escola Técnica (ITB).

En conxunto, Bandung vivíu a súa idade dourada de ricos facendados con extensas plantacións e vida cosmopolita (Braga Street [11], entre a Postweg ao leste do Alun-alun e as vías, con tendas e cabarets, edificios art Deco e arquitectura moderna [12]).

Independencia

A Segunda Guerra Mundial cortou de raíz o plan da capitalidade. Coa independencia de Indonesia en 1945, Bandung foi nomeada capital de Xava Occidental. Nos anos cincuenta produciuse unha febre inmigratoria do rural cara á cidade. O efecto inmediato foi unha densificación de case que cada baleiro. Despois, nos anos setenta, fíxose un amplo desenvolvemento do sector sueste [13].

En 1987 a expansión do concello conformou o Gran Bandung nun intento de recolocar poboación do masificado centro histórico na área metropolitana [14]. O corazón da cidade ten sufrido unha perda de identidade coa transformación do vello aire colonial en negocios e bancos globais.

Bandung view from the peak.jpg
Other Languages
Acèh: Bandung
Afrikaans: Bandoeng
العربية: باندونغ
azərbaycanca: Bandunq
تۆرکجه: باندونگ
беларуская: Бандунг
български: Бандунг
Bahasa Banjar: Kuta Bandung
বাংলা: বানদুং
буряад: Бандунг
català: Bandung
нохчийн: Бандунг
čeština: Bandung
Cymraeg: Bandung
dansk: Bandung
Deutsch: Bandung
Ελληνικά: Μπαντούνγκ
English: Bandung
Esperanto: Bandungo
español: Bandung
euskara: Bandung
فارسی: باندونگ
suomi: Bandung
français: Bandung
Frysk: Bandûng
Bahasa Hulontalo: Kota Bandung
Hausa: Bandung
עברית: באנדונג
हिन्दी: बानदुंग
hrvatski: Bandung
magyar: Bandung
հայերեն: Բանդունգ
Bahasa Indonesia: Kota Bandung
italiano: Bandung
Basa Jawa: Kutha Bandhung
ქართული: ბანდუნგი
қазақша: Бандуң
kalaallisut: Bandung
한국어: 반둥
Кыргызча: Бандунг шаары
Latina: Bandung
lietuvių: Bandungas
latviešu: Banduna
Basa Banyumasan: Kota Bandung
Malagasy: Kota Bandung
Māori: Bandung
मराठी: बांडुंग
Bahasa Melayu: Bandung
မြန်မာဘာသာ: ဘန်ဒေါင်းမြို့
Nederlands: Bandung
norsk nynorsk: Bandung
norsk: Bandung
polski: Bandung
پنجابی: بنڈونگ
português: Bandung
română: Bandung
русский: Бандунг
Scots: Bandung
slovenščina: Bandung
shqip: Bandung
српски / srpski: Бандунг
Basa Sunda: Kota Bandung
svenska: Bandung
Kiswahili: Bandung
தமிழ்: பண்டுங்
Tagalog: Bandung
Türkçe: Bandung
українська: Бандунг
اردو: بندونگ
vepsän kel’: Bandung
Tiếng Việt: Bandung
Winaray: Bandung
吴语: 万隆
中文: 萬隆
Bân-lâm-gú: Bandung
粵語: 萬隆