Bandeira das Illas Feroe

Bandeira de Illas Feroe
Bandeira de Illas Feroe
Características
Uso
Proporción8:11
Adopción23 de marzo de 1948
Cores
Azul
Branco
Vermello

A bandeira das Illas Feroe, tamén coñecida como Merkið que significa "a bandeira", consiste dunha cruz nórdica de cor vermella perfilada en azul sobre un pano de cor branca. As proporcións da cruz nórdica da bandeira son de 6-1-2-1-6 partes no ancho da bandeira e de 6-1-2-1-12 partes ao longo da bandeira.

Historia

A bandeira orixinal exhíbese na Igrexa de Fámjin.

A Merkið foi deseñada por uns estudantes feroeses en Copenhague e máis tarde levada ás illas Feroe, onde foi izada o 22 de xuño de 1919. Tras unha década, o seu uso popularizouse, pero seguiu a ser extraoficial.

En abril de 1940, as tropas alemás do Terceiro Reich invadiron Dinamarca, e o exército británico tomou o control das illas. Para distinguir os barcos feroeses dos barcos da Dinamarca ocupada, o 25 de abril de 1940, as autoridades británicas aprobaron a bandeira como estandarte das Illas Feroe.

Co acceso das illas ao autogoberno, o 23 de marzo de 1948, recoñécese oficialmente á Merkið como a bandeira nacional das Illas Feroe, e declárase o 25 de abril como Día da Bandeira.

Other Languages
العربية: علم جزر فارو
беларуская (тарашкевіца)‎: Сьцяг Фарэрскіх астравоў
čeština: Faerská vlajka
føroyskt: Merkið
srpskohrvatski / српскохрватски: Zastava Farskih Otoka