Baixo Alentejo (subrexión)

Baixo Alentejo
Localización do Baixo Alentejo

Baixo Alentejo é unha subrexión estatística portuguesa que forma parte da Rexión do Alentejo. Os concellos que a integran forman parte do Distrito de Beja. Limita ao norte coa subrexión do Alentejo Central, ao leste co Estado español, ao sur co Algarve, e ao oeste coa subrexión do Alentejo Litoral. Abrangue unha superficie total de 8 505 km² e ten unha poboación estimada de 126 692 habitantes (2011[1]).

Concellos

Comprende 13 concellos:

  • Aljustrel
  • Almodôvar
  • Alvito
  • Barrancos
  • Beja
  • Castro Verde
  • Cuba
  • Ferreira do Alentejo
  • Mértola
  • Moura
  • Ourique
  • Serpa
  • Vidigueira

Beja,Moura e Serpa teñen categoría de cidades.