Bach-Werke-Verzeichnis

O Bach-Werke-Verzeichnis ou BWV (Catálogo de Obras de Bach) é o sistema de numeración usado para identificar as composicións musicais de Johann Sebastian Bach. O prefixo BWV, seguido polo número de obra, é a identificación das obras de Bach. As obras deste catálogo están agrupadas temáticamente, non cronoloxicamente. O título completo do catálogo é Thematisch-systematisches Verzeichnis der musikalischen Werke von Johann Sebastian Bach (Catálogo Temático-Sistemático de Composicións Musicais de Johann Sebastian Bach).

Por extensión, BWV é o sistema de numeración das obras de Bach que se emprega na actualidade. En ocasións mencionase a serie BWV como números Schmieder, e é citada como S.130, en lugar de BWV 130, se ben esa práctica é minoritaria.

Historia

O rexistro das obras de Bach, ou Bach-Werke-Verzeichnis (Catálogo de Obras de Bach), abreviado BWV, foi elaborado por Wolfgang Schmieder, e foi presentado en 1950. Dende a súa creación experimentou varias melloras e correccións, aínda que estas non afectaron á súa estrutura básica. [1] Este catálogo pasou a substituír aos da Bach Gesellschaft, que entre 1850 e 1900 publicara a obra completa de Bach en 46 volumes. [2]

O descubrimento de máis obras de Bach e a omisión de outras que lle foran atribuídas anteriormente levou a que a numeración sexa parcialmente incompleta e tivo que ser ampliada con outras obras despois do número 1080. [1]

Posteriormente á aparición do catálogo Bach-Werke-Verzeichnis apareceron outros catálogos como o Bach Compendium, comezado en 1985. [3] Por outra banda, o catálogo Zwang presenta un sistema alternativo para enumerar as cantatas BWV 1–215 e 248–249 tendo en conta a data de composición. [4]

A edición de 1990 do catálogo BWV é ISBN 3-7651-0255-5.

Other Languages
български: BWV
čeština: BWV
dansk: BWV
suomi: BWV
hrvatski: BWV
한국어: BWV
македонски: BWV
norsk nynorsk: Bach-Werke-Verzeichnis
português: BWV
română: BWV
русский: BWV
Simple English: Bach-Werke-Verzeichnis
svenska: BWV
українська: BWV
Tiếng Việt: BWV