Bólas do Dragón

Bóla do Dragón dunha estrela, son 7 bólas de cristal con cadanseu número de estrelas no seu interior que van do 1 ó 7.

As Bólas do Dragón (tamén coñecidas coma Bólas Máxicas) son 7 esferas máxicas no manga e anime Dragon Ball, e un dos principais temas da historia.

Historia

Hai aproximadamente 75 millóns de anos atrás, os Kaiō Shins dese tempo deron a uns poucos namekianos o poder de crear as chamadas Bólas do Dragón (tal vez por ser unha raza bastante poderosa e pacífica), sendo moi explícitos en que só as usasen en ocasións excepcionais.

Mais hai centenas de anos atrás, o planeta Namek atravesou problemas climáticos polo que algúns dos seus habitantes tentaron escapar. Así, de entre os poucos superviventes, algúns decidiron enviar os seus descendentes a outros planetas para salvalos. Foi, desde xeito, como un pequeno namekiano, ó que lle corría polas súas veas sangue máxico e guerreiro, foi enviado ó planeta Terra para sobrevivir. Era Piccoro, fillo de Katattsu, que máis tarde se tornaría o Kamisama da Terra. Por ter sangue máxico, ese namekiano creou instintivamente unhas bólas parecidas ás do seu planeta.

Outra vez pasaría o tempo ata comezar a historia de Dragon Ball cando unha rapaza chamada Bulma atopa no soto da súa casa unha Bóla do Dragón. Após investigar moito sobre a bóla, descobre a súa utilidade e pasa a percorrer o mundo atrás das outras bólas. Para facilitar a busca, Bulma inventa un radar que detecta as pequenas ondas que as Bólas do Dragón emiten. Tódolos acontecementos na serie xurdiron grazas ás bólas e ó interese inicial de Bulma en xuntalas.

Ó longo da serie, é descuberto que alén das bólas do Dragón da Terra, existen tamén as bólas de Namek (as orixinais) e as bólas de estrela negra. Ademais, aumentarase o poder tanto ás da Terra como ás de Namek.

En Dragon Ball GT introduciuse o concepto das bólas de estrela negra. Estas bólas foron creadas durante o período en que o fillo de Katattsu, o Piccoro orixinal, aínda non se separara en Piccoro Daimaō e Kamisama. Estas bólas serían moito máis poderosas e funcionarían de distinto xeito ás orixinais.

Other Languages