Bárbara de Nicomedia

Santa Bárbara

Santa Bárbara foi unha virxe e mártir cristiá do século III, que forma parte da lista oficial do martiroloxio da Igrexa Católica e segundo o santoral católico a súa festa celébrase o 4 de decembro.

Historia

Segundo a tradición cristiá, nacería en Nicomedia, cerca do mar de Mármara, filla dun Rei sátrapa de nome Dióscoro, quen a encerrou nunha torre. Segundo outras versións, Dióscoro e a súa filla Bárbara vivían na cidade chamada Heliópolis, tamén Baalbek, en Fenicia.

Hai diverxencias entre as versións sobre a súa vida: o motivo do peche puido ser para evitar que os homes admirasen a súa beleza e a seducisen, ou para evitar o proselitismo cristián. Durante unha ausencia do seu pai, Bárbara converteuse ao cristianismo, e mandou construír tres fiestras na súa torre, simbolizando a Santísima Trindade. O seu pai decatouse do significado do simbolismo destas fiestras e enfadouse, querendo matala. Por iso, Bárbara fuxiu e refuxiouse nunha pena milagrosamente aberta para ela. Atrapada pese ao milagre, enfróntase ao seu destino.

O seu martirio foi o mesmo que o de Vicente de Zaragoza: sería atada a un poldro, flaxelada, desgarrada con anciños de ferro, colocada nun leito de anacos de cerámica cortantes e queimada con ferros ao lume... Finalmente, o mesmo rei Dióscoro enviouna ao xuíz, quen ditou a pena capital por decapitación. O seu mesmo pai é quen a decapitou na cima dunha montaña, tras o cal un raio alcanzouno, dándolle morte tamén.

Other Languages
العربية: بربارة
беларуская: Святая Варвара
kaszëbsczi: Swiãtô Barbara
English: Saint Barbara
Esperanto: Barbara (Sankta)
hrvatski: Sveta Barbara
Bahasa Indonesia: Barbara
italiano: Santa Barbara
日本語: 聖バルバラ
한국어: 바르바라
Lëtzebuergesch: Helleg Bäerbel
Limburgs: Barbara
Ligure: Santa Barboa
lietuvių: Šv. Barbora
македонски: Света Варвара
Picard: Sainte Barbe
română: Sfânta Barbara
slovenčina: Svätá Barbora
slovenščina: Sveta Barbara
српски / srpski: Света Варвара
Kiswahili: Barbara
Türkçe: Barbara
українська: Свята Варвара
中文: 白芭蕾