Axuda:Citas ao pé

Atallos:
A:CITAS
A:NOTAS

Esta páxina explica como crear a sección de Notas nos artigos da Wikipedia. Neste contexto, o termo "Notas" refírese a forma específica da Wikipedia de documentar as fontes dun aartigo e fornecer información tanxencial, e non debe confundirse co concepto xeral de "notas ao pé".

As notas ao pé empréganse habitualmente para fornecer:

Polo xeral non é obrigatorio fornecer unha cita ao pé para cada frase, xa que múltiples oracións dentro dun parágrafo poden estar apoiadas nunha mesma cita ao pé. Para saber que información debe ser citada, podes consultar as normas sobre verificabilidade, citar as fontes, biografías de persoas vivas así como as suxestións indicadas en Wikipedia:Cando citar.

As citas ao pé créanse mediante a extensión de MediaWiki cite.php. Esta extensión engade os elementos HTML <ref>...</ref>, <references /> e <references>...</references>. Estes elementos empréganse tamén en diversos modelos, como por exemplo no modelo {{Listaref}}.

Consideracións xerais

O sistema de notas ao pé amosa dous elementos na páxina:

  • Un marcador de referencia no contido do artigo en forma dun número, letra ou palabra entre chaves. Algúns exemplos son: [1] [a] [Nota 1]. Esta etiqueta de notas ao pé liga cara a cita ao pé completa. Ao facer clic no marcador da nota a páxina salta cara abaixo ata chegar á cita correspondente resaltada. Pasar o rato sobre un destes marcadores, amosará unha pequena ventá emerxente que contén o texto da cita ao pé.
  • Unha cita ao pé ou nota ao pé que amosa a cita completa para a fonte. O conxunto de citas ao pé amósanse en forma de lista ordenada alí onde se inclúe o marcador {{listaref}}. Cada entrada comeza coa etiqueta da nota en formato de texto plano, e a lista de referencias amósase cun tamaño de fonte lixeiramente máis pequeno que o do texto do artigo.
Cada nota ao pé sucesiva increméntase de forma sucesiva. O primeiro marcador de cita ao pé será [1], o segundo [2] e así seguidamente. As etiquetas particulares tamén se incrementan sucesivamente: [a][b][c], [Nota 1] [Nota 2] [Nota 3].
Para unha cita de uso único, a etiqueta de número vai acompañada do símbolo (^) que funciona como ligazón cara o marcador de cita ao pé correspondente. Por exemplo:
1. ^ Cita ao pé
Cando se usa unha cita ao pé en múltiples ocasións, as ligazóns aos distintos marcadores correspondentes indícanse en forma de números:
2. ^ 2,0 2,1 2,2 Cita ao pé
Ao facer clic nestas ligazóns ou ao premer a tecla de retroceso retornase o foco cara o marcador no texto.

Exemplo funcional

Este é un marcador de cita ao pé.[1]

  1. Esta é a nota ao pé completa que contén o texto da referencia ou nota.
Other Languages
беларуская: Вікіпедыя:Зноскі
भोजपुरी: मदद:फुटनोट
ગુજરાતી: મદદ:Footnotes
Bahasa Indonesia: Bantuan:Catatan kaki
italiano: Aiuto:Note
日本語: Help:脚注
Bahasa Melayu: Wikipedia:Nota kaki
ଓଡ଼ିଆ: ସହଯୋଗ:Footnotes
română: Ajutor:Note
slovenčina: Pomoc:Referencie
српски / srpski: Помоћ:Фусноте
українська: Довідка:Виноски
Tiếng Việt: Trợ giúp:Cước chú
中文: Help:脚注