Audrey Tautou

Audrey Tautou
Audrey Tautou Cannes 2013 2.jpg
Audrey en Cannes no 2013
Nome completoAudrey Justine Tautou
Nacemento9 de agosto de 1976 (42 anos)
LugarBeaumont, Puy-de-Dôme, Flag of France.svg Francia
NacionalidadeFrancia
Cónxuxe(s)Matthieu Chedid
ProfesiónActriz, modelo
editar datos en Wikidata ]

Audrey Justine Tautou, nada en Beaumont, Puy-de-Dôme o 9 de agosto de 1976[1], é unha actriz francesa coñecida mundialmente pola súa interpretación de Amélie Poulain na película francesa Le fabuleux destin d'Amélie Poulain e polo seu papel de Sophie Neveu no filme The Da Vinci Code.

Traxectoria

Primeiros Anos

Aínda que nada en Beaumont, criouse en Montluçon. Filla dun dentista e dunha mestra, ten un irmán e dúas irmás, menores ca ela. Comezou a interesarse pola comedia sendo aínda moi nova e tomou cursos de arte dramática na escola de actuación Corus Florent. Tamén realizou cursos de modelo en París.

Carreira cinematográfica

As súas influencias cinematográficas son entre outras Meryl Streep, Paul Newman, Juliette Lewis, Jodie Foster ou Julianne Moore. En 1998 participou nun casting nunha canle de televisión francesa, chamado Jeunes Premiers, onde gaño na categoría de Mellor Actriz Nova no IX Festival de Béziers. Posteriormente, participou no filme Vénus beauté co que gañou o Premio César á Mellor Actriz Revelación. No ano 2000 gañou o Prix Suzanne Bianchetti por ser considerada a actriz nova máis prometedora. Sendo xa coñecida en Francia polo seu traballo en Vénus beauté, acadou a sona mundial en 2001 pola súa interpretación da excéntrica Amélie na comedia romántica francesa Le Fabuleux Destin d'Amélie Poulain. En xuño de 2004 foi invitada a unirse á Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas de Hollywood, da que é membro dende o 1 de setembro de 2006.

En 2005, traballou na súa primeira produción de Hollywood, xunto con Tom Hanks, para rodar a adaptación cinematográfica de The Da Vinci Code, na que interpreta á criptóloga Sophie Neveu. Porén, malia desta incursión no cine americano, a súa base de traballo segue a estar no seu país de orixe. Traballou con Gal Elmaleh en ‘’Hors de prix’’ en 2006. En 2009 estreou un filme sobre a vida de Coco Chanel, Coco, da rebeldía á lenda de Chanel, na que da vida á deseñadora.

Other Languages
aragonés: Audrey Tautou
العربية: أودري تاتو
asturianu: Audrey Tautou
azərbaycanca: Odri Totu
беларуская: Адры Тату
български: Одре Тоту
català: Audrey Tautou
čeština: Audrey Tautou
Cymraeg: Audrey Tautou
Deutsch: Audrey Tautou
Ελληνικά: Ωντρέ Τοτού
English: Audrey Tautou
Esperanto: Audrey Tautou
español: Audrey Tautou
euskara: Audrey Tautou
estremeñu: Audrey Tautou
français: Audrey Tautou
hrvatski: Audrey Tautou
հայերեն: Օդրի Տոտու
Bahasa Indonesia: Audrey Tautou
italiano: Audrey Tautou
Basa Jawa: Audrey Tautou
ქართული: ოდრი ტოტუ
한국어: 오드리 토투
Кыргызча: Одри Тоту
lietuvių: Audrey Tautou
latviešu: Odrija Totū
монгол: Одри Тоту
Bahasa Melayu: Audrey Tautou
Nederlands: Audrey Tautou
norsk nynorsk: Audrey Tautou
occitan: Audrey Tautou
português: Audrey Tautou
română: Audrey Tautou
русский: Тоту, Одри
srpskohrvatski / српскохрватски: Audrey Tautou
Simple English: Audrey Tautou
српски / srpski: Одре Тоту
svenska: Audrey Tautou
Türkçe: Audrey Tautou
українська: Одрі Тоту
oʻzbekcha/ўзбекча: Audrey Tautou
Tiếng Việt: Audrey Tautou
მარგალური: ოდრი ტოტუ
Bân-lâm-gú: Audrey Tautou