Arrecife de coral

Estrela de mar azul na Gran barreira de coral

Un arrecife de coral ou barreira coralina é un tipo de arrecife que se desenvolve en augas tropicais. Aínda que os corais supoñen a maior parte da infraestrutura e a masa dun arrecife de coral, os organismos máis responsables no crecemento do arrecife contra o constante acoso das ondas oceánicas son as algas calcáreas, especies de algas vermellas. Os corais non realizan fotosíntese, pero viven nunha relación simbiótica con estas algas microscópicas que si realizan a fotosíntese, como peridinios dinoflaxelados (Zooxanthellae).

Para garantir o crecemento do arrecife de coral requírese unha temperatura da auga de entre 20 e 28 °C. Os arrecifes de coral atópanse nos océanos, generalmente entre o trópico de Cáncer e o trópico de Capricornio, debido a que os corais construtores de arrecifes viven nestas augas. Estes corais atópanse principalmente na zona fótica (menos de 50 metros de profundidade), onde a luz solar alcanza o chan e ofrece aos corais suficiente enerxía.

Debido a isto, os arrecifes de coral crecen a maior velocidade en augas cristalinas, onde a luz solar é menos absorbida pola auga oceánica.

Bioloxía

Das aproximadamente 48.000 especies recoñecidas de vertebrados, máis das metade -24.600- son peixes. Destas, máis do 60 por cento viven exclusivamente en ambientes mariños. A pesar que os arrecifes de coral son menos do un por cento do área total dos océanos do mundo, aproximadamente a metade de todas as especies coñecidas de peixes mariños atópanse concentrados nestas augas tropicais pouco profundas.

Os humanos constitúen aínda a maior ameaza para os arrecifes de coral. En particular a contaminación terrestre e a sobrepesca son as maiores ameazas para estes ecosistemas.

Other Languages
Afrikaans: Koraalrif
العربية: شعاب مرجانية
asturianu: Petón de coral
azərbaycanca: Mərcan rifi
башҡортса: Мәрйен рифтары
беларуская: Каралавыя рыфы
български: Коралов риф
bosanski: Koralni greben
čeština: Korálový útes
kaszëbsczi: Rafa
dansk: Koralrev
Deutsch: Korallenriff
English: Coral reef
Esperanto: Korala rifo
eesti: Korallrahu
føroyskt: Korallriv
français: Récif corallien
hrvatski: Koraljni greben
Kreyòl ayisyen: Resif koray
Bahasa Indonesia: Terumbu karang
íslenska: Kóralrif
日本語: サンゴ礁
Basa Jawa: Terumbu karang
ქართული: მარჯნის რიფი
한국어: 산호초
lietuvių: Koralinis rifas
latviešu: Koraļļu rifs
македонски: Корален гребен
Bahasa Melayu: Terumbu karang
Nederlands: Koraalrif
norsk nynorsk: Korallrev
norsk: Korallrev
occitan: Arrecife
ਪੰਜਾਬੀ: ਮੂੰਗਾ ਚਟਾਨ
Papiamentu: Ref di koral
português: Recife de coral
română: Recif de corali
srpskohrvatski / српскохрватски: Koraljni greben
සිංහල: කොරල් පර
Simple English: Coral reef
slovenčina: Koralový útes
slovenščina: Koralni greben
српски / srpski: Корални гребен
svenska: Korallrev
Türkçe: Mercan resifi
українська: Кораловий риф
oʻzbekcha/ўзбекча: Marjon riflari
Tiếng Việt: Rạn san hô
吴语: 珊瑚礁
中文: 珊瑚礁
Bân-lâm-gú: San-ô͘-chiau