Arnold Schwarzenegger

Arnold Schwarzenegger
Arnold Schwarzenegger September 2017.jpg
Schwarzenegger en setembro de 2017.
Nome completoArnold Alois Schwarzenegger
Alcume/outrosArnold Strong
Arnie
Nacemento30 de xullo de 1947 (71 anos)
LugarThal, Estiria, Austria Austria
NacionalidadeAustria e Estados Unidos de América
EtniaPobo austríaco
Cónxuxe(s)Maria Shriver (1986–2011)
FillosKatherine (1989)
Christina (1991)
Patrick (1993)
Christopher (1997)
Joseph Baena (1997)
ProfesiónCulturista, actor, político
Arnold Schwarzenegger Signature.svg
http://www.schwarzenegger.com/
editar datos en Wikidata ]

Arnold Alois Schwarzenegger, nado en Thal, Austria o 30 de xullo de 1947, é un fisicoculturista, actor e político estadounidense de orixe austríaca. Schwarzenegger foi o 38º gobernador de California dende 2003 a 2011.

Schwarzenegger comezou un adestramento de musculación con 15 anos. Gañou o título de Mr. Universe con 20 anos e gañou o Mr. Olympia sete veces. Schwarzenegger ficou como unha figura importante do culturismo e escribiu varios libros e artículos sobre esta práctica. Schwarzenegger acadou a fama internacional como unha icona dos filmes de acción de Hollywood. O seu primeiro grande éxito foi o filme épico Conan o bárbaro en 1982, cuxa recadación motivou unha secuela.[1] En 1984, apareceu no filme de ciencia ficción de James Cameron Terminator, que foi un grande éxito de recadación e de crítica. Schwarzenegger retomou o papel de Terminator nos seguintes filmes da franquía en 1991, 2003 e 2015.[1][2][3] Apareceu en gran número de filmes, como Commando (1985), The Running Man (1987), Predator (1987), Twins (1988), Total Recall (1990), Kindergarten Cop (1990) e True Lies (1994). Nos seus tempos de culturista era alcumado "Austrian Oak" (carballo austríaco) ou "Styrian Oak" (carballo de Estiria), "Arnie" na industria do cine, e "The Governator" cando comezou a facer carreira política.[4]

Carreira política

Está casado con Maria Shriver, sobriña de John F. Kennedy, que forma parte do máis prestante clan demócrata do país a pesar de que Schwarzenegger pertence ao partido republicano, en representación do cal foi elixido Gobernador do estado de California en 2003 e reelixido en 2006.

Other Languages
azərbaycanca: Arnold Şvartsenegger
Bikol Central: Arnold Schwarzenegger
беларуская (тарашкевіца)‎: Арнольд Шварцэнэгер
客家語/Hak-kâ-ngî: Arnold Schwarzenegger
Bahasa Indonesia: Arnold Schwarzenegger
Qaraqalpaqsha: Arnold Schwarzenegger
Bahasa Melayu: Arnold Schwarzenegger
norsk nynorsk: Arnold Schwarzenegger
srpskohrvatski / српскохрватски: Arnold Schwarzenegger
Simple English: Arnold Schwarzenegger
slovenščina: Arnold Schwarzenegger
oʻzbekcha/ўзбекча: Arnold Schwarzenegger
Tiếng Việt: Arnold Schwarzenegger
Bân-lâm-gú: Arnold Schwarzenegger