Arnaut Daniel

Arnaut Daniel
Arnautdaniel1.jpg
Nacementoc. 1150
 Ribérac
Falecementoc. 1210
NacionalidadeFrancia
OcupaciónTrobador, poeta, escritor e compositor
editar datos en Wikidata ]
Arnaut Daniel.

Arnaut Daniel, nado en Ribérac (Perigord) cara a 1150 e finado cara a 1200, foi un trobador medieval occitano, coñecido por ser o representante principal dunha escola de estilo, o trobar ric, e a quen se atribúe a creación da sextina, forma poética que representa a culminación desta escola.

Traxectoria

Pese a ser considerado un dos máximos expoñentes da lírica occitana medieval, apenas se coñece nada acerca da vida deste trobador. A partir de dúas referencias (unha autobiográfica na súa propia obra e outra nun sirventés do Monxe de Montaudon, os expertos sitúan a madureza poética e vital de Arnaut Daniel entre os anos 1180 e 1200. Nacido en Ribeirac (actual departamento francés de Dordogne), sábese que estudou letras e exerceu a xograría, trazo que ten en común con outros importantes trobadores como Raimbaut de Vaqueiras ou Uc de Saint Circ. Unha última referencia poética na razó dunha das súas poesías fala da súa estancia en Peitieus (Poitiers), na corte pictavina de Ricardo Corazón de León (1189-1191 e 1194-1199).

Foron supostamente dúas as damas obxecto das súas composicións poéticas: unha aragonesa, Laura, nome que inclúe en varios xogos de palabras (laurs, l'aura) e que tempo máis tarde inspiraría ao propio Petrarca, e unha dama gascona designada co senhal (alcume) Mieills-de-Ben.

Other Languages
العربية: أرنو دانيال
žemaitėška: Arnaut Daniel
беларуская: Арнаўт Даніэль
brezhoneg: Arnaut Daniel
català: Arnaut Daniel
čeština: Arnaut Daniel
Cymraeg: Arnaut Daniel
Deutsch: Arnaut Daniel
English: Arnaut Daniel
Esperanto: Arnaut Daniel
español: Arnaut Daniel
français: Arnaut Daniel
Fiji Hindi: Arnaut Daniel
hrvatski: Arnaut Daniel
Bahasa Indonesia: Arnaut Daniel
íslenska: Arnaut Daniel
italiano: Arnaut Daniel
ქართული: არნო დანიელი
Lëtzebuergesch: Arnaut Daniel
Nederlands: Arnaut Daniel
português: Arnaut Daniel
Simple English: Arnaut Danièl
slovenščina: Arnaut Daniel
Kiswahili: Arnaut Daniel
Türkçe: Arnaut Daniel
українська: Арнаут Данієль
Volapük: Arnaut Daniel