Armada Invencible

Armada Invencible
Parte de Guerra anglo-española de 1585-1604
Invincible Armada.jpg
A batalla entre a Armada española e a frota inglesa.
Data8 de agosto de 1588
LugarCanle da Mancha, preto de Gravelinas, Francia (anteriormente posesión das Provincias Unidas).
Coordenadas50°10′00.0″N 4°15′42.0″O / 50°10′00.0″N 4°15′42.0″O / -4.261667
ResultadoDerrota da armada española debida ao forte temporal.
Inglaterra non é invadida.
Belixerantes
Inglaterra Inglaterra
Prinsenvlag.svg Provincias Unidas
Flag of Cross of Burgundy.svg Imperio español
Flag of Portugal (1578).svg Portugal
Líderes
Almirante Sir John Hawkins

Vicealmirante Sir Francis Drake
Charles Howard
Walter Raleigh

Martin Frobisher
Lord Henry Seymour
William Winter

Alonso Pérez de Guzmán el Bueno y Zúñiga (VII duque de Medina-Sidonia)
Alexandre Farnesio (duque de Parma)
Juan Martínez de Recalde
Miguel de Oquendo
Martín de Bertendona
Forzas en combate
34 navíos de guerra
163 navíos mercantes
30 navíos das Provincias Unidas (non entraron en combate)
2.000 canóns
20.000 homes
20 Galeóns
4 galeras
4 galeazas
25 urcas
35 naos
10 carabelas
11 zabras e pinazas
20 pataches
2431 canóns
30.000 homes
Baixas
6.000–8.000 mortos en combate
400 feridos
60 barcos perdidos
15.000–20.000 mortos
800 feridos
397 prisioneiros

La Grande y Felicísima Armada foi o nome que lle deu Filipe II á gran frota que armou en 1588 para invadir Inglaterra durante a Guerra anglo-española de 1585-1604 e máis coñecida comunmente polo nome que lle deron despectivamente os ingleses como Armada Invencible[1][2]. O envío por parte de Filipe II desta frota, coa intención de invadir e controlar a política exterior inglesa (principalmente no referente á piratería e a guerra de Flandres), supuxo o comezo das hostilidades dunha guerra na que finalmente España conseguiu que Inglaterra solicitase a paz e asinase un tratado favorable aos intereses da monarquía hispánica en Londres (1604).

No entanto, esta campaña naval considérase unha derrota española, tanto pola perda de navíos debida ás inclemencias meteorolóxicas, como pola épica loita entre os dous titáns que impediu o desembarco de 30.000 homes nas costas inglesas. Aínda así, despois do forte temporal fronte a Escocia e Irlanda, máis da metade dos navíos lograron chegar de volta ás costas españolas. Con todo isto, a supremacía española nos mares permanecería indiscutida ata a Batalla das Dunas (1639).[3] Ademais a súa posición como primeira frota do mundo afianzouse aínda máis cando os ingleses crearon a súa Armada Inglesa un ano despois desta operación, e fracasaron igualmente fronte ás costas de Galicia e Lisboa.

Debía mandala o almirante de Castela Don Álvaro de Bazán, marqués de Santa Cruz, pero morreu pouco antes da partida da frota, sendo substituído a fume de carozo por Alonso Pérez de Guzmán (VII duque de Medina-Sidonia), Grande de España. Estaba composta por uns 127 barcos sendo 122 os que entraron no Canal da Mancha.[4]

O plan

A idea de Filipe II [5] era percorrer a Canle da Mancha e recoller un exército español de 30.000 homes dirixido por Alexandre Farnesio (duque de Parma) que pasarían a canle en barcazas protexidos pola frota para desembarcar na costa do condado de Kent.

Other Languages
Afrikaans: Spaanse Armada
Bahasa Indonesia: Armada Spanyol
한국어: 무적함대
Bahasa Melayu: Armada Sepanyol
မြန်မာဘာသာ: စပိန်ရေတပ်ကြီး
Nederlands: Spaanse Armada
português: Invencível Armada
سنڌي: آرميڊا
srpskohrvatski / српскохрватски: Španska armada
Simple English: Spanish Armada
српски / srpski: Шпанска армада
українська: Іспанська Армада
吴语: 无敌舰队