Arma nuclear

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Ataque nuclear a Hiroshima o 6 de agosto de 1945. A nube resultante estendeuse 18 quilómetros por encima da orixe da explosión.

Unha arma nuclear é un explosivo de alto poder que utiliza a enerxía nuclear (esta arma xera unha gran cantidade de enerxía a partir dunha reacción de fisión ou de fusión nuclear, ambas reaccións liberan grandes cantidades de enerxía a partir de cantidades relativamente pequenas da materia), isto inclúe o vector transportador, como os mísiles balísticos intercontinentais, os mísiles balísticos de lanzamento submarino (en inglés Submarine-launched ballistic missiles) e parte da infraestrutura involucrada no seu manexo e operación.

Este tipo de armas teñen unha gran capacidade destrutiva, e son as máis potentes que se utilizaron nunca. Actualmente, só un grupo relativamente reducido de países recoñece que dispón de armas nucleares. As armas nucleares utilízanse principalmente para matar e crear danos humanos, materiais e económicos, tamén poden ter un uso secundario como demostración de superioridade e ameaza.

A primeira detonación nuclear experimental foi a denominada Trinity realizada na poboación de Alamogordo, Novo México, Estados Unidos, o 16 de xullo de 1945, como parte experimental do Proxecto Manhattan.[1] En tempo de guerra só foron utilizadas en dúas ocasións: en Hiroshima o 6 de agosto de 1945 e Nagasaki tres días despois. Os tipos de bomba utilizados foron respectivamente unha bomba de uranio e unha de plutonio (ambas eran bombas A). Unhas cento vinte mil persoas morreron de inmediato e outras duascentas corenta mil debido aos efectos a medio e longo prazo destas armas fundamentalmente como consecuencia de enfermidades provocadas pola exposición á radiación.[2] En ambas as cidades, a maioría dos mortos foron civís.[3][4][5] Estes son os únicos bombardeos nucleares que ocorreron en tempos de guerra.[6] Este evento deu inicio ao que se denominou como "a era nuclear". Desde entón explotaron unhas dúas mil bombas nucleares, a maioría como parte de investigacións para o desenvolvemento armamentístico nuclear, por parte de sete países: Estados Unidos, Unión Soviética, Francia, Reino Unido, China, India e Pakistán. Sospéitase que outros países teñen capacidade nuclear, manténdoo en segredo; crese que Israel posúe armas nucleares, aínda que non o recoñece.[7][8][n. 1] Un estado, Suráfrica, admitiu fabricar armas nucleares no pasado, pero desde entón desmontou o seu arsenal e sometio a inspección internacional.[9] A primeira bomba atómica probada,[n. 2][10][11][12][13] liberou unha cantidade de enerxía de aproximadamente 20 millóns de toneladas de TNT. Un arma atómica moderna, como a bomba atómica B83 de pouco máis de 1.100 kg, pode producir unha forza explosiva comparable á detonación de máis de 1,2 millóns de toneladas (1,1 millóns de toneladas métricas) de TNT.[14] Divídense en dous tipos segundo o seu mecanismo de actuación:

  • As chamadas bombas atómicas ou bombas A son as que utilizan unha reacción nuclear de fisión.
  • As chamadas bombas de hidróxeno ou bombas H utilizan unha reacción nuclear de fusión e son moito máis potentes que as anteriores.

Historia

Bomba atómica Little Boy 2
Artigo principal: Historia das armas nucleares.

En decembro de 1938, os químicos alemáns Otto Hahn e Fritz Strassmann enviaron un manuscrito a revista Die Naturwissenschaften no que informaban de que detectaran o elemento bario logo de bombardear con neutróns o uranio;[15][n. 3] ao mesmo tempo, comunicáronse estes resultados a Lise Meitner. Meitner e o seu sobrino Otto Robert Frisch, interpretaron correctamente estes resultados como unha fisión nuclear.[16][n. 4] Frisch confirmou experimentalmente os datos recibidos o 13 de xaneiro de 1939.[17][n. 5] Mesmo antes da publicación, Meitner e Frisch interpretaron a obra de Hahn e Strassmann e cruzaron o océano Atlántico con Niels Bohr, que foi dar unha conferencia á Universidade de Princeton. Isidor Isaac Rabi e Willis Lamb, dous físicos da Universidade de Columbia que traballaban en Princeton, escoitaron a noticia e difundírona en Columbia. Rabi dixo que llo comentou a Enrico Fermi e que este o creu. Bohr, ao pouco, foi de Princeton a Colombia para ver á Fermi. Ao non atopalo na súa oficina, Bohr foi á zona do ciclotrón e atopouse con Herbert Anderson, Bohr colleuno polo ombreiro e dixo: "Mozo, deixa que che conte algo novo e excitante da física".[18] Quedou claro que había un número de científicos na Universidade de Columbia que trataban de detectar a enerxía liberada na fisión nuclear do uranio tras un bombardeo de neutróns. O 25 de xaneiro de 1939 un equipo experimental da Universidade de Columbia realizou o primeiro experimento de fisión nuclear en Estados Unidos no soto de Pupin Hall.[19] Os membros do equipo foron Herbert L. Anderson, Eugene T. Booth, John R. Dunning, Enrico Fermi, G. Norris Glasoe, i Francis G. Slack.[18]

Entre 1942 e 1944 un grupo de accións de sabotaxe, que constituíron a chamada batalla da auga pesada, feitas polo movemento de resistencia noruego e os bombardeos dos aliados conseguiron a destrución da planta e a perda da auga pesada producida. Estas accións, cos nomes en clave "Freshman", "Grouse" e "Gunnerside", conseguiron deter a produción da planta a principios de 1943 e deter de feito a investigación nuclear nazi.[20]

O 16 de xullo de 1945 estoupouse a primeira bomba núclear da historia en Alamogordo no estado de Novo México polos Estados Unidos na chamada proba Trinity sendo esta a primeira explosión deste tipo de bomba, bomba que utilizaba como materia fusionable plutonio.

Xa cara ao final da segunda guerra mundial, o presidente dos EEUU, Harry S. Truman, tomou a decisión de lanzar dúas bombas atómicas sobre o Xapón, que era o último país que quedaba por renderse.

O 6 de agosto de 1945 a cidade de Hiroshima quedou destruída no que seria o primeiro bombardeo atómico da historia contra obxectivos civiles, e o 9 de agosto de 1945 lanzouse a segunda bomba atómica sobre a cidade de Nagasaki. Xapón capitulou sen condicións. A firma do armisticio realizouse o 2 de setembro de 1945 a bordo do acoirazado Missouri.[21] Despois do lanzamento destas dúas bombas atómicas durante a II guerra mundial, realizáronse, desde 1945 máis de 2000 probas nucleares en máis de 30 emprazamentos. A primeira explosión nuclear de proba da historia, levárona a cabo os EEUU ás 17: 30h (hora local) do 16 de xullo de 1945 no deserto de Alamogordo no Estado de Novo México (EEUU). O proxecto para a fabricación da bomba atómica, fora aprobado o 18 de xuño de 1942 polo presidente norteamericano Franklin Delano Roosevelt co nome de Proxecto Manhattan.

Durante a guerra fría o perigo dun enfrontamento nuclear entre Estados Unidos e a Unión Soviética condicionaba as relacións internacionais. Cando as relacións diplomáticas foron mellorando asináronse entre as dúas superpotencias varios acordo de limitación da forza nuclear.

Co fin do réxime soviético a tensión colleu outros escenarios como Corea do Norte, India Paquistán ou o Oriente Medio.[22] De acordo con estimacións de 2012, obtidas pola Federación de Científicos Americanos, existen máis de 17 mil oxivas nucleares no mundo, é cerca de 4300 están consideradas "operacionais", ou sexa, están prontas para o uso.[7]

Other Languages
Afrikaans: Kernwapen
Alemannisch: Kernwaffe
aragonés: Arma nucleyar
العربية: سلاح نووي
asturianu: Arma nuclear
azərbaycanca: Nüvə silahı
башҡортса: Ядро ҡоралы
žemaitėška: Kondoulėnis gėnklos
беларуская: Ядзерная зброя
беларуская (тарашкевіца)‎: Ядзерная зброя
български: Ядрено оръжие
brezhoneg: Arm nukleel
català: Arma nuclear
čeština: Jaderná zbraň
Cymraeg: Arf niwclear
Deutsch: Kernwaffe
Ελληνικά: Πυρηνικό όπλο
Esperanto: Atombombo
español: Arma nuclear
eesti: Tuumarelv
euskara: Bonba nuklear
suomi: Ydinase
français: Arme nucléaire
Frysk: Kearnwapen
贛語: 核武器
गोंयची कोंकणी / Gõychi Konknni: अणुबॉंब
हिन्दी: परमाणु बम
interlingua: Arma nuclear
Bahasa Indonesia: Senjata nuklir
íslenska: Kjarnorkuvopn
italiano: Arma nucleare
日本語: 核兵器
Basa Jawa: Gaman nuklir
қазақша: Ядролық қару
한국어: 핵무기
Кыргызча: Ядролук курал
Lëtzebuergesch: Atomwaff
latviešu: Kodolieroči
македонски: Нуклеарно оружје
മലയാളം: ആണവായുധം
Bahasa Melayu: Senjata nuklear
မြန်မာဘာသာ: အဏုမြူ လက်နက်
नेपाली: परमाणु बम
नेपाल भाषा: आणविक ल्वाभः
Nederlands: Kernwapen
norsk nynorsk: Atomvåpen
occitan: Arma nucleara
ਪੰਜਾਬੀ: ਨਿਊਕਲੀ ਬੰਬ
Pälzisch: Kernwaffe
پنجابی: ایٹم بمب
português: Bomba nuclear
română: Armă nucleară
संस्कृतम्: अण्वस्त्रम्
سنڌي: ائٽم بم
srpskohrvatski / српскохрватски: Nuklearno oružje
Simple English: Nuclear weapon
slovenčina: Jadrová zbraň
slovenščina: Jedrsko orožje
српски / srpski: Нуклеарно оружје
Seeltersk: Käädenwoape
Basa Sunda: Pakarang nuklir
svenska: Kärnvapen
Kiswahili: Bomu la nyuklia
తెలుగు: అణ్వాయుధం
Türkçe: Nükleer silah
татарча/tatarça: Атом-төш коралы
українська: Ядерна зброя
oʻzbekcha/ўзбекча: Yadro quroli
Tiếng Việt: Vũ khí hạt nhân
吴语: 核武器
中文: 核武器
Bân-lâm-gú: He̍k-chú bú-khì
粵語: 核武