Aposematismo

As vivas cores desta ra Oophaga granulifera sinalan unha advertencia aos predadores da súa toxicidade.
A cor de contrasombreado inverso do ratel faino moi visible; esta sinalización honesta indica o seu temperamento agresivo, e os seus afiados dentes e garras.

O aposematismo é un termo acuñado por Edward Bagnall Poulton[1][2] para o concepto de Alfred Russel Wallace de coloración de advertencia.[3] Describe un conxunto de adaptacións antipredadoras no cal un sinal de advertencia está asociado coa baixa rendibilidade que ten un individuo presa para predadores potenciais.[4] Esta falta de rendibilidade pode deberse a calquera defensa que fai que a presa sexa difícil de comer, como a toxicidade, mal cheiro ou sabor, ou natureza agresiva. O aposematismo sempre implica un sinal de advertencia que pode tomar a forma de coloración rechamante, sons, cheiros[5] ou outras características percibibles. Os sinais aposemáticos son beneficiosas tanto para o predador coma para a presa, xa que ambos evitan un dano potencial.

Utilízase o aposematismo no mimetismo mülleriano, no cal as especies con fortes defensas evolucionan para parecerse entre si. Ao imitaren especies de cores similares, comparten o sinal de advertencia ante os predadores, causando que estes o aprendan máis rapidamente con menos custo para cada unha das especies.

Un sinal aposemático verdadeiro que indica que a especie realmente posúe defensas químicas e físicas non é o único xeito de disuadir aos depredadores. No mimetismo batesiano, unha especie mimetizadora lembra un modelo aposemático de maneira suficientemente fiel como para compartir a protección, mentres que moitas especies presentan exhibicións deimáticas de farol que poden asustar un predador o tempo suficiente para permitir que escape unha presa que en realidade está indefensa.

Etimoloxía

O termo aposematismo foi acuñado polo zoólogo inglés Edward Bagnall Poulton no seu libro de 1890 The Colours of Animals (As cores dos animais). Baseou o termo nas palabras do grego antigo ἀπό apo lonxe, ση̑μα sēma signo, referíndose aos signos que advirten a outros animais.[1][2]

Other Languages
bosanski: Aposematizam
català: Aposematisme
čeština: Aposematismus
Deutsch: Aposematismus
English: Aposematism
Esperanto: Aposematismo
español: Aposematismo
فارسی: رنگ هشدار
français: Aposématisme
Bahasa Indonesia: Aposematisme
italiano: Aposematismo
日本語: 警告色
한국어: 경계색
македонски: Апосемија
Bahasa Melayu: Aposematisme
português: Aposematismo
Simple English: Warning colouration
slovenščina: Aposematizem
svenska: Aposematism
Tiếng Việt: Tín hiệu xua đuổi
中文: 警戒作用