Ano luz

Un ano luz é unha unidade de lonxitude, utilizada en astronomía, que corresponde á distancia percorrida no vacuo pola luz durante un ano. Máis precisamente, é a distancia percorrida por un fotón no vacuo a unha distancia infinita de calquera campo gravitatorio ou magnético, nun ano gregoriano medio e a unha velocidade de 299.792.458 m/s.

Para calcular o valor en quilómetros dun ano luz utilízase a velocidade indicada (299.792.458 m/s) e como tempo un ano gregoriano Medio (ver Calendario gregoriano) con 365,2425 días. Así temos que o ano luz mide 9 460 536 207 068,016 km (aproximadamente 9,46 billóns de quilómetros); ou ben 63.241 unidades astronómicas (UA).

Outras unidades empregadas para medir distancias espaciais son o Parsec (equivalente a 3,26 anos luz) e mais o segundo luz.

Aclaracións a ter en conta

Non se debe confundir esta unidade de lonxitude (do espazotempo) con unha unidade de tempo, por exemplo, de xeito ordinario dise que "a luz bota case 8,3 minutos en chegar do Sol á Terra", o certo e que estritamente falando dirase "a distancia entre o Sol e a Terra é aproximadamente de 8,3 minutos luz" tendo en conta a órbita elíptica da Terra arredor do Sol.

De feito, un fotón sae emitido pola fusión do hidróxeno en helio, tarda varios miles de anos en sair ao exterior do sol, e acadaría a velocidade da luz no baleiro se houbese tal baleiro a nivel atómico entre o Sol e a Terra, o que non acontece na realidade (incluíndo ademais campos gravitatorios e magnéticos). O erro basease no fondo no uso que facemos do sistema de referencia newtoniano, onde o espazo é absoluto e o tempo támen é absoluto como magnitudes distintas.

Dun xeito mais profundo, escolleuse a "C" (a velocidade da luz no baleiro) como base para o cálculo da lonxitude no espazo-tempo (hoxe só subxiste o modelo einsteniano) ao ser a única constante que mantén a coherencia -é invariante- nun espazo relativista e nun tempo relativista (a única medida na que dous observadores poden estar de acordo cando se moven un respecto do outro, espazotemporalmente) onde o espazo-tempo é unha única magnitude absoluta. Polo que cando falamos de ano luz falamos dunha unidade de lonxitude do espazotempo, e nón é unha unidade de lonxitude do espazo newtoniano nin de medida do tempo newtoniano. Para unha mellor comprensión da xeometría do espazotempo ver os artigos relatividade xeral e relatividade especial.

Escolleuse "a distancia percorrida no baleiro pola luz durante un ano" para facer unha "vara" para medir o espazo-tempo. Aínda que alguén viaxara a unha velocidade relativista -preto da velocidade da luz- da Terra ao Sol e do Sol a Terra, seguiría a existir para el unha distancia de 8,3 minutos luz en cada viaxe, uns 16,6 minutos luz en total, o que se contraería sería o tempo, por iso no paradoxo dos xemelgos, o que quedou na Terra e mais vello (o paradoxo comprobouse experimentalmente con reloxos atómicos).

Other Languages
Afrikaans: Ligjaar
aragonés: Anyo luz
Ænglisc: Lēohtgēar
العربية: سنة ضوئية
অসমীয়া: আলোক-বৰ্ষ
asturianu: Añu lluz
azərbaycanca: İşıq ili
تۆرکجه: ایشیق ایلی
беларуская: Светлавы год
беларуская (тарашкевіца)‎: Сьветлавы год
भोजपुरी: प्रकाश-बरिस
বাংলা: আলোক বর্ষ
brezhoneg: Bloavezh-gouloù
català: Any llum
čeština: Světelný rok
dansk: Lysår
Deutsch: Lichtjahr
Zazaki: Serra roşti
Ελληνικά: Έτος φωτός
English: Light-year
Esperanto: Lumjaro
español: Año luz
euskara: Argi-urte
estremeñu: Añu lus
فارسی: سال نوری
suomi: Valovuosi
français: Année-lumière
Frysk: Ljochtjier
Gaeilge: Solasbhliain
贛語: 光年
ગુજરાતી: પ્રકાશવર્ષ
עברית: שנת אור
Fiji Hindi: Prakash saal
Kreyòl ayisyen: Ane-limyè
magyar: Fényév
interlingua: Anno luminal
Bahasa Indonesia: Tahun cahaya
Ido: Lumyaro
íslenska: Ljósár
italiano: Anno luce
日本語: 光年
Basa Jawa: Taun cahya
қазақша: Жарық жылы
ភាសាខ្មែរ: ឆ្នាំពន្លឺ
한국어: 광년
Кыргызча: Жарык жылы
Lëtzebuergesch: Liichtjoer
Lingua Franca Nova: Anio de lus
Limburgs: Leechjaor
Ligure: Annô lüxe
lumbaart: An lüce
ລາວ: ປີແສງ
lietuvių: Šviesmetis
latviešu: Gaismas gads
Malagasy: Taon-kazavana
македонски: Светлосна година
മലയാളം: പ്രകാശവർഷം
монгол: Гэрлийн жил
Bahasa Melayu: Tahun cahaya
Malti: Sena dawl
မြန်မာဘာသာ: အလင်းနှစ်
Plattdüütsch: Lichtjohr
Nederlands: Lichtjaar
norsk nynorsk: Lysår
norsk: Lysår
Chi-Chewa: Chaka Chowala
occitan: Annada lutz
Oromoo: Wagga Iffa
ଓଡ଼ିଆ: ଆଲୋକବର୍ଷ
Piemontèis: Ann lus
پنجابی: چانن ورہ
português: Ano-luz
Runa Simi: Achkiy wata
română: An-lumină
русский: Световой год
русиньскый: Світловый рік
संस्कृतम्: प्रकाशवर्षः
саха тыла: Сырдык сыла
sicilianu: Annu luci
Scots: Licht-year
سنڌي: نوري سال
srpskohrvatski / српскохрватски: Svjetlosna godina
Simple English: Light year
slovenčina: Svetelný rok
slovenščina: Svetlobno leto
Soomaaliga: Sano Ilays
shqip: Dritëviti
српски / srpski: Светлосна година
Seeltersk: Luchtjier
svenska: Ljusår
Kiswahili: Mwakanuru
ไทย: ปีแสง
Türkmençe: Ýagtylyk ýyly
Tagalog: Sinag-taon
Türkçe: Işık yılı
татарча/tatarça: Яктылык елы
українська: Світловий рік
اردو: نوری سال
oʻzbekcha/ўзбекча: Yorugʻlik yili
vèneto: Ano luxe
Tiếng Việt: Năm ánh sáng
Volapük: Litayel
Winaray: Tuig-lamrag
吴语: 光年
ייִדיש: ליכט יאר
中文: 光年
文言: 光年
Bân-lâm-gú: Kong-liân
粵語: 光年