Angus Young

Angus Young
AngusYoung.JPG
Angus Young con AC/DC o 31 de marzo de 2008, Saint Paul, Minnesota.
Nome completoAngus McKinnon Young
AliasAngus Young
Nacemento31 de marzo de 1955 (63 anos)
OrixeEscocesa, pero reside en Australia.
Ocupación(s)Músico
Compositor
XéneroRock and Roll
Hard rock
Instrumento(s)Guitarra eléctrica
Selo(s) discográfico(s)EMI
Epic Records
Atlantic Records
Albert Records
Relacionado conAC/DC
Tempo en activo1973 - Actualidade
editar datos en Wikidata ]

Angus McKinnon Young, nado o 31 de marzo de 1955, é un guitarrista australiano de orixe escocesa máis coñecido por ser o cofundador, guitarra solista e compositor da banda de hard rock, AC/DC. Coñecido polas súas enérxicas actuacións, os seus uniformes de colexial e o popular baile de pato orixinal de Chuck Berry, a revista Rolling Stone clasificou a Young como o numero vinte e catro na lista dos mellores guitarristas de todos os tempos. En 2003, el e os demais membros de AC/DC foron incluídos no Rock and Roll Hall of Fame.

Vida e carreira

Angus Young, o máis cativo dos oito fillos de William e Margaret Young, naceu en Glasgow, Escocia. Deixou a escola aos 15 anos. En 1963, emigrou a Sydney, Australia, cos seus pais, seus irmáns maiores Malcolm e George, e a irmá maior de Margaret. O seu irmán maior Alex, quedouse en Escocia e máis tarde formou o grupo con sede en Londres, Grapefruit. Angus comezou a tocar banjos, aos que instalaba seis cordas, e a guitarra acústica cun modelo barato comprado de segunda man pola súa nai. A primeira Gibson SG de Angus foi comprada arredor do ano 1970 nunha tenda de música na mesma rúa na que vivía: - "Saín do coche e tiña un Gibson SG que toquei ata que podreceu por causa da suor e da auga que se meteu nela. Tiña o mastro todo torto. Compreina de segunda man, un modelo de 1967. Tiña un mastro realmente delgado, moi liso, coma se estivese personalizado. Era de cor marrón escura."

Other Languages
العربية: أنغوس يونغ
asturianu: Angus Young
Boarisch: Angus Young
български: Ангъс Йънг
brezhoneg: Angus Young
bosanski: Angus Young
català: Angus Young
čeština: Angus Young
Cymraeg: Angus Young
Deutsch: Angus Young
Ελληνικά: Άνγκους Γιανγκ
English: Angus Young
Esperanto: Angus Young
español: Angus Young
euskara: Angus Young
فارسی: انگس یانگ
français: Angus Young
hrvatski: Angus Young
magyar: Angus Young
Հայերեն: Անգուս Յանգ
Bahasa Indonesia: Angus Young
italiano: Angus Young
한국어: 앵거스 영
Lëtzebuergesch: Angus Young
lietuvių: Angus Young
latviešu: Anguss Jangs
Malagasy: Angus Young
македонски: Ангус Јанг
Bahasa Melayu: Angus Young
Nederlands: Angus Young
norsk nynorsk: Angus Young
occitan: Angus Young
polski: Angus Young
português: Angus Young
Runa Simi: Angus Young
română: Angus Young
русский: Янг, Ангус
sicilianu: Angus Young
srpskohrvatski / српскохрватски: Angus Young
Simple English: Angus Young
slovenčina: Angus Young
slovenščina: Angus Young
српски / srpski: Ангус Јанг
svenska: Angus Young
Türkçe: Angus Young
українська: Ангус Янг
Tiếng Việt: Angus Young
Winaray: Angus Young