Anfiteatro

O anfiteatro (do grego antigo amphitheatron) é un tipo de edificio público característico da civilización romana, empregado para acoller espectáculos e xogos, coma a munera ou loita de gladiadores e as venatio ou loitas con animais. Os máis antigos foron construídos en Etruria e Campania e datan de finais do século II[Cómpre referencia]. Este tipo de edificación é de orixe romana e non se atopa nin en Grecia nin en Asia Menor.

Ademais da súa finalidade, a diferenza máis salientable entre un anfiteatro en un teatro romano clásico é a forma da súa estrutura, o anfiteatro é de forma circular ou ovalada namentres que o teatro é semicircular. Tamén hai que diferenciar o anfiteatro do circo romano, que era empregado para espectáculos de carreiras de cabalos e tiña unha forma elíptica.

As bancadas (cavea) estaban divididas en zonas de xeito que as clases sociais se dispoñían de forma estratificada: as máis altas preto da area e as inferiores máis alonxadas (posiblemente destinando estas últimas fileiras para mulleres e escravos) [1][2][3][4].

O anfiteatro máis coñecido é sen dúbida o Coliseo de Roma, cuxo nome era na realidade Anfiteatro Flavio (en latín Amphitheatrum Flavium).

Interior do Coliseo de Roma, Italia.

Orixe

Curio o Mozo, a mediados do século 1 a.C, con motivo da morte do seu pai, decidiu facer na súa honra uns xogos. Para tal fin creou dous teatros de madeira que mediante un artiluxio quedarían unidos entre si, para o combate de gladiadores. Creouse así o primeiro anfiteatro, xustificando a súa orixe etimolóxica anfi-teatro: dous teatros.[5]

Other Languages
العربية: مسرح روماني
azərbaycanca: Amfiteatr
беларуская: Амфітэатр
български: Амфитеатър
brezhoneg: Amfiteatr
bosanski: Amfiteatar
català: Amfiteatre
čeština: Amfiteátr
Cymraeg: Amffitheatr
dansk: Amfiteater
Deutsch: Amphitheater
Ελληνικά: Αμφιθέατρο
English: Amphitheatre
Esperanto: Amfiteatro
español: Anfiteatro
eesti: Amfiteater
euskara: Anfiteatro
فارسی: تماشاخانه
Frysk: Amfiteater
Gaeilge: Aimfitéatar
hrvatski: Amfiteatar
magyar: Amfiteátrum
հայերեն: Ամֆիթատրոն
Bahasa Indonesia: Amfiteater
italiano: Anfiteatro
ქართული: ამფითეატრი
қазақша: Амфитеатр
한국어: 원형극장
kurdî: Amfîtiyatro
Lëtzebuergesch: Kategorie:Amphitheateren
lietuvių: Amfiteatras
latviešu: Amfiteātris
македонски: Амфитеатар
монгол: Амфитеатр
Bahasa Melayu: Perani
Nederlands: Amfitheater
norsk nynorsk: Amfiteater
norsk: Amfiteater
polski: Amfiteatr
português: Anfiteatro
Runa Simi: Tumay aranwa
română: Amfiteatru
русский: Амфитеатр
srpskohrvatski / српскохрватски: Amfiteatar
Simple English: Amphitheatre
slovenščina: Amfiteater
српски / srpski: Амфитеатар
svenska: Amfiteater
ślůnski: Amfityjater
тоҷикӣ: Амфитеатр
Türkçe: Amfitiyatro
українська: Амфітеатр
oʻzbekcha/ўзбекча: Amfiteatr
中文: 圓形劇場