Andorra Club de Fútbol

Andorra
NomeAndorra Club de Fútbol
Fundación1957
EstadioJuan Antonio Endeiza
Andorra, España
Inauguración1957
Capacidade3.000
PresidenteEspaña José Luis Burgos
AdestradorEspaña Gori Silva
Liga3ª – Grupo 17
2013–1410º
Páxina webPáxina web
Na casa
Fóra

O Andorra Club de Fútbol é un club de fútbol español de Andorra, na provincia de Teruel. Foi fundado en 1957 e actualmente compite na Terceira División Española. Por motivos de patrocinio foi coñecido como Endesa Andorra.

Historia

En 1981 eliminou ao Real Zaragoza da Copa do Rei cando este era líder da Primeira División Española.

En 2007 o club celebrou o seu 50 aniversario.

En 2011 conseguiu o ascenso a Segunda B gañando ao Noja. O heroe da eliminatoria foi o ex xogador do Real Zaragoza Goran Drulic que meteu os dous goles que lle deron ao Andorra o ascenso. Na seguinte tempada volve descender a Terceira.