Anarquismo

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
A de anarquía, un dos símbolos anarquistas máis famosos.

O anarquismo é unha ideoloxía política, corrente filosófica e movemento social radical que chama á oposición e abolición de toda autoridade, xerarquía e forma de control social por consideralas indesexables, innecesarias e nocivas[1]. Os tipos de autoridade rexeitados polos anarquistas inclúen os de tipo político (o Estado), económico (o capitalismo), relixioso (a Igrexa), cultural (o patriarcado), industrial (o especismo) ou calquera outra forma de opresión e explotación. Do mesmo xeito, os anarquistas pretenden abolir todo tipo de tratados ou normas impostas (é dicir, aquelas que sexan establecidas por imposición e sen a aprobación, mediante consenso, de todas as persoas), así coma as súas principais ferramentas de coerción e violencia, para conseguir rematar cos diversos tipos de dominación do ser humano polos seus conxéneres.

A intención é desenvolver e conseguir a anarquía, que recoñece a plena liberdade e autonomía dos individuos, configurando sociedades a escala humana ou, máis exactamente, en comunidades, baseadas no modelo libertario de comuna autónoma, que tería por fundamentos a asociación voluntaria, a horizontalidade, a iniciativa individual e o apoio mutuo ou solidariedade recíproca. Existen varios métodos propostos polas diversas escolas e tendencias xurdidas no movemento anarquista para a consecución destes fins, sempre a través de medios concordantes con eles como son os conceptos da autoxestión, a acción directa e de base.

Con movementos precursores dende a antigüidade, o anarquismo desenvólvese no século XIX a través de diversas tendencias, tendo lugar algunhas das experiencias libertarias máis significativas ao longo do século XX. Dende entón converteuse nun movemento que está presente de forma continua en multitude de temas contemporáneos.

O anarquismo segundo Ricardo Mella. Discurso no Círculo Federal de Vigo.

Etimoloxía

O termo anarquismo deriva do grego ἀναρχος, anarchos, que significa "sen lider, director ou xefe", do prefixo ἀν- (an-, "ausencia de") + ἄρχή (archê, "soberanía, dominio, maxistratura") + -ισμός (ismos, do lexema -ιζειν, -izein). . A etimoloxía do termo designa, dun xeito xeral, o que está desprovisto de principio director e de orixe. Isto tradúcese por «ausencia de apriorismo», «ausencia de norma», «ausencia de xerarquía», «ausencia de autoridade» ou «ausencia de goberno».

Dende un sentido negativo, a anarquía evoca o caos e o desorde, a anomia. Dende un sentido positivo, un sistema onde os individuos son liberados de toda autoridade. Este último sentido aparece en 1840 da pluma do teórico socialista Pierre Joseph Proudhon (1809-1865). Na súa obra Qu'est-ce que la propriété? (Qué é a propiedade?), o autor declárase anarquista e precisa que é o que entende por anarquía: «unha forma de goberno sen amo nin soberano».

Anomia

A idea popular de anarquismo como absoluto caos e desorde, que os estudosos chaman de anomia (ausencia de normas) é rexeitada por tódolos anarquistas tradicionais citados anteriormente. Os anarquistas conciben os gobernos como as actuais fontes de desordes defendendo, polo tanto, que a sociedade estaría mellor ordenada sen eles.

Esta convención ten fortes connotacións e historicamente foi empregada como unha deficiencia por grupos políticos contra os seus opoñentes, sendo notable o caso dos monárquicos contra os republicanos nos últimos séculos. Namentres, a anomia foi abrazada por movementos de contracultura.

Other Languages
Afrikaans: Anargisme
Alemannisch: Anarchismus
aragonés: Anarquismo
العربية: لاسلطوية
مصرى: اناركيه
অসমীয়া: নৈৰাজ্যবাদ
asturianu: Anarquismu
azərbaycanca: Anarxizm
تۆرکجه: آنارشیسم
башҡортса: Анархизм
žemaitėška: Anarkėzmos
беларуская: Анархізм
беларуская (тарашкевіца)‎: Анархізм
български: Анархизъм
brezhoneg: Anveliouriezh
bosanski: Anarhizam
буряад: Анархизм
català: Anarquisme
کوردی: ئەنارکیزم
čeština: Anarchismus
Cymraeg: Anarchiaeth
dansk: Anarkisme
Deutsch: Anarchismus
Zazaki: Anarşizm
Ελληνικά: Αναρχισμός
English: Anarchism
Esperanto: Anarkiismo
español: Anarquismo
eesti: Anarhism
euskara: Anarkismo
estremeñu: Anarquismu
فارسی: آنارشیسم
suomi: Anarkismi
Võro: Anarkism
føroyskt: Anarkisma
français: Anarchisme
Frysk: Anargisme
Gaeilge: Ainrialachas
گیلکی: آنارشيسم
עברית: אנרכיזם
हिन्दी: अराजकतावाद
Fiji Hindi: Khalbali
hrvatski: Anarhizam
magyar: Anarchizmus
Հայերեն: Անարխիզմ
interlingua: Anarchismo
Bahasa Indonesia: Anarkisme
Ilokano: Anarkismo
italiano: Anarchismo
日本語: アナキズム
Patois: Anaakizam
la .lojban.: nonje'asi'o
Basa Jawa: Anarkisme
ქართული: ანარქიზმი
қазақша: Анархизм
한국어: 아나키즘
къарачай-малкъар: Анархизм
Кыргызча: Анархизм
Latina: Anarchismus
Ladino: Anarkizmo
Lëtzebuergesch: Anarchismus
лезги: Анархизм
Limburgs: Anarchisme
lietuvių: Anarchizmas
latviešu: Anarhisms
Malagasy: Anarsisma
македонски: Анархизам
монгол: Анархизм
मराठी: अराजकता
Bahasa Melayu: Anarkisme
Mirandés: Anarquismo
မြန်မာဘာသာ: မင်းမဲ့ဝါဒီ
مازِرونی: آنارشیسم
Nederlands: Anarchisme
norsk nynorsk: Anarkisme
norsk: Anarkisme
occitan: Anarquisme
ਪੰਜਾਬੀ: ਅਰਾਜਕਤਾਵਾਦ
Deitsch: Anarchism
polski: Anarchizm
Piemontèis: Anarchism
پنجابی: انارکی
português: Anarquismo
română: Anarhism
русский: Анархизм
русиньскый: Анархізм
саха тыла: Анархизм
Scots: Anarchism
srpskohrvatski / српскохрватски: Anarhizam
Simple English: Anarchism
slovenčina: Anarchizmus
slovenščina: Anarhizem
српски / srpski: Анархизам
svenska: Anarkism
Kiswahili: Utawala huria
தமிழ்: அரசின்மை
тоҷикӣ: Анархизм
Tagalog: Anarkismo
Türkçe: Anarşizm
татарча/tatarça: Анархизм
ئۇيغۇرچە / Uyghurche: ئانارخىزم
українська: Анархізм
اردو: نراج
oʻzbekcha/ўзбекча: Anarxizm
vèneto: Anarchismo
Winaray: Anarkismo
მარგალური: ანარქიზმი
ייִדיש: אנארכיזם
Vahcuengh: Fouzcwngfujcujyi