Amorgos

amorgos
Αμοργóς
Amorgos-1.jpg
Localización da illa
Localización da illa
Situación
País Grecia
Periferias de Grecia Exeo Meridional
Arquipélago Cícladas
Mar Mar Exeo
Coordenadas 36°50′N 25°54′L / 36°50′N 25°54′L / -25.900
Xeografía
Superficie 126´346 km²
Perímetro 112 km
Punto máis alto 823 m. Monte Kríkelo
Demografía
Capital Amorgos
Poboación 1973 (2011)
Densidade 15´6 hab./km²
Lingua propia Grego

Amorgos (en grego Αμοργóς) é unha illa grega do Mar Exeo, a máis occidental do grupo das Cícladas e a máis próxima ao arquipélago veciño do Dodecaneso, situada ao sueste de Naxos, a 138 millas mariñas do porto do Pireo. Ten unha superficie de 126´346 km² e 112 km de costa. A súa poboación era de 1.973 habitantes en 2011. Ten dous portos, ambos na costa enfronte de Naxos: Katàpola ao oeste e Egiali ao leste. O punto máis alto está no extremo leste da illa, na cima do Kríkelo (821 m). A capital da illa é Amorgos, ou Khora, situada no interior, a 320 m por encima de Katàpola.

O Monte Krikellos ao leste de Egiali culmina a 821 m.

Amorgos foi sempre considerada como unha «illa estéril». Homero dicía dela que era unha «illa espida».

O lugar máis coñecido da illa é o pequeno mosteiro de Khozoviótissa, fundado no século XI, que colga no medio dun cantil a 300 m sobre o mar na costa este, e que aparece na película O grande azul de Luc Besson.

Nome

Ao longo da historia, Amorgos tamén coñeceuse como Yperia, Patagy, ou Platagy, Pagali, Psichia e Karkisia. Co paso do tempo, o nome da illa cambiou a Amolgon, Amourgon, Amorgian, e Amourgian. No século V pódese atopar o nome Amoulgos citado polo bispo Teodoro que asinou un Sínodo en Constantinopla, como Teodoro Bispo de Parion, Sifnion, e Amoulgion. Foi coñecida como "Yamurgi" durante o dominio otomán entre 1566 a 1829.

Other Languages
العربية: أمورغوس
беларуская: Амаргос
български: Аморгос
català: Amorgós
čeština: Amorgos
Deutsch: Amorgos
Ελληνικά: Αμοργός
English: Amorgos
español: Amorgos
eesti: Amorgós
فارسی: آمورگوس
suomi: Amorgós
français: Amorgos
hrvatski: Amorgos
magyar: Amorgósz
italiano: Amorgo
Latina: Amorgos
मराठी: अमोर्गोस
Nederlands: Amorgos
norsk nynorsk: Amorgós
norsk: Amorgos
polski: Amorgos
português: Amorgos
русский: Аморгос
srpskohrvatski / српскохрватски: Amorgos
Simple English: Amorgos
shqip: Amorgos
српски / srpski: Аморгос
svenska: Amorgos
Türkçe: Amorgos
українська: Аморгос
Tiếng Việt: Amorgos