Amora
English: Blackberry

Amoras de silva.
Amoras inmaturas de moreira branca (Morus alba).

A amora[1] é o nome de diferentes froitos comestíbeis de distintas especies botánicas, e que acostuman clasificarse coma froitos do bosque. Malia procederen de diferentes plantas ou ser froitos botanicamente diferentes, posúen un aspecto semellante e características comúns. En xeral podemos dicir que proceden de dous xéneros distintos de vexetais con trazos fenotípicos moi dispares entre si:

Ambos os dous xéneros botan amoras, porén non son a mesma froita. A diferenciación é aínda maior, xa que ambos xéneros teñen un gran número de especies. En total existen máis de 300 especies de amoras diferentes.[4] Ademais, a comercialización destas bagas propiciou a creación de diversas hibridacións que non existen na natureza.[4]

Clases de amoras

Morus: moreiras

  • Morus alba (amora da moreira branca), ornamental en Galiza.
  • Morus nigra (amora da moreira negra), ornamental en Galiza.
  • Morus rubra (amora da moreira rubia)

Rubus: silvas

  • Rubus ulmifolius (amora de silva de follas de umeiro) bravas en Galiza.
  • Rubus fruticosus (amora de silva brava) bravas en Galiza.
  • Rubus chamaemorus (amora dos illós)
  • Rubus glaucus (amora andina)
  • Rubus laciniatus
  • etc.

Híbridos: cruzamentos

  • Boysenberry
  • Loganberry
  • Youngberry
Other Languages
Ænglisc: Blæcberige
العربية: عليق أسود
Boarisch: Mur
български: Къпина
brezhoneg: Mouar
bosanski: Kupina
català: Mora (fruit)
English: Blackberry
español: Mora (fruta)
euskara: Masusta
hrvatski: Kupina
Taqbaylit: Tizwal
한국어: 블랙베리
kurdî: Tûreşk
македонски: Капина
پښتو: تورتوت
português: Amora
armãneashti: Amurâ
sicilianu: Amuredda
Simple English: Blackberry
Türkçe: Böğürtlen
удмурт: Лыз эмезь
اردو: سیاہ توت
Tiếng Việt: Mâm xôi (thực vật)
walon: Meumeure
中文: 黑莓
粵語: 黑啤梨