Amnistía Internacional

Amnistía Internacional
Nobel prize medal.svg
AmInt2009MarchaGayDF.JPG
Foto dun acto de Amnistía, na que se aprecia o logo da organización
Presentación
Tipo de ONGProtección dos Dereitos Humanos
Data fundaciónXullo de 1961
FundadorPeter Benenson
LocalizaciónSede: Secretariado Xeral en Londres
OrixesReino Unido
Area servidaMundial
VoluntariosMáis de 3 millóns de activistas, membros e simpatizantes nos máis de 150 países.[1]
SloganÉ mellor acender unha candea que maldicir para sempre a escuridade
SecretarioSalil Shetty
Páxina webhttp://www.amnesty.org/es
PremiosPremio Nobel da Paz en 1977
O voluntariado de Amnistía Internacional forman grupos e realizan actos de todo tipo, como este de Ávila solicitando o peche do centro de detención en Guantánamo

Amnistía Internacional é un movemento mundial integrado por persoas cuxo fin é contribuír a que se respecten os dereitos humanos, traballando por eses dereitos proclamados na Declaración Universal e noutras normas internacionais. Promovendo a súa observancia e a súa concienciación pública con actividades de acción, así como por medio da educación e da presión para que se ratifiquen e apliquen nos tratados. Está formado por máis dun millón e medio de persoas, de máis de 150 países e territorios, que dedican o seu tempo e o seu esforzo para traballar por un mundo no que todas as persoas gocen de todos os dereitos humanos e para apoiar ás vítimas cuxos dereitos foron violados. En 1976 foi galardoada co Premio Erasmus.[2]

Obxectivos e características

A tarefa de Amnistía Internacional (AI) baséase nunha investigación coidadosa e nas normas acordadas pola comunidade internacional. É un movemento democrático e autónomo de activistas voluntarios, con máis dun millón de membros e subscritores repartidos en máis de 140 países e territorios. Finánciase en gran medida coas cotas do seus membros de todo o mundo. A organización nin solicita nin acepta contribucións dos gobernos para realizar a súa tarefa de investigación e campañas contra a violación dos dereitos humanos.

AI é independente de toda ideoloxía política e credo relixioso. Non apoia nin se opón a ningún goberno ou sistema político, nin tampoco apoia nin se opón ás opinións das vítimas cuxos dereitos intenta protexer. A protección imparcial dos dereitos humanos é a súa finalidade.

AI emprende accións para opoñerse a algunhas das violacións máis graves que cometen os gobernos contra os dereitos civís e políticos das persoas. O obxectivo principal do seu activismo contra esas violacións son:

Obter a liberdade de todos os presos de conciencia, é dicir, segundo o Estatuto da organización, das persoas que foron recluídas a causa das súas conviccións políticas, relixiosas o calquera outro motivo de conciencia, ou en razón da súa orixe étnica, sexo, cor, idioma, orixe nacional ou social, situación económica, nacemento ou outras circunstancias, sempre que non fixesen recurso á violencia nin propugnaran o seu uso;

Lograr que sexan xulgados con prontitude e imparcialidade todos os presos políticos; Conseguir a abolición da pena de morte e mais a erradicación da tortura e os malos tratos; Rematar cos homicidios políticos e «as desaparicións».

Amnistía Internacional pide aos grupos políticos armados que respecten os dereitos humanos e poñan fin a abusos como a detención de persoas en calidade de presos de conciencia, a toma de reféns, a tortura e os homicidios ilexítimos.

Tamén colabora coas Nacións Unidas e con organizacións intergubernamentais rexionais, coa súa tarefa en favor dos refuxiados.

Other Languages
azərbaycanca: Amnesty International
беларуская: Amnesty International
беларуская (тарашкевіца)‎: Міжнародная амністыя
Bahasa Indonesia: Amnesty International
ქართული: Amnesty International
Bahasa Melayu: Amnesty International
norsk nynorsk: Amnesty International
پنجابی: ایمنیسٹی
русский: Amnesty International
srpskohrvatski / српскохрватски: Amnesty International
Simple English: Amnesty International
slovenščina: Amnesty International
татарча/tatarça: Amnesty International
українська: Amnesty International
Tiếng Việt: Ân xá Quốc tế