Amarante, Portugal

Amarante, Portugal
Pt-amt3.png
AMT1.png
Localización
LocalAmarante.svg
PaísFlag of Portugal.svg Portugal
RexiónNorte
SubrexiónTámega
DistritoPorto
Xeografía
Superficie301,4 km²
Demografía
Poboación56.217 hab. (2011)
Densidade186,52 hab/km²
Outros datos
AlcaldeArmindo Abreu (www.cm-amarante.pt

Amarante é unha cidade portuguesa pertencente ao Distrito do Porto, na rexión Norte e subrexión do Támega, con cerca de 9.900 habitantes.

Xeografía

Vista de Amarante e o río Támega.

É cabeza dun municipio con 299,25 km² de área e 61.029 habitantes (2004), subdividido en 26 freguesías.[1] O concello limita ao norte co municipio de Celorico de Basto, ao nordeste co de Mondim de Basto, ao leste co de Vila Real e co de Santa Marta de Penaguião, ao sur cos concellos de Baião, Marco de Canaveses e Penafiel, ao oeste co de Lousada e a noroeste co de Felgueiras.

No contexto de políticas sub-rexionais de desenvolvemento e de mobilidade, é membro da Comunidade Urbana (ComUrb) do Baixo Támega, constituída por 7 municipios, que en total contabilizaban 198.058 habitantes en 2001, sendo tamén a súa capital.

O comercio e os servizos céntranse principalmente na cidade de Amarante e en Vila Meã, que constitúen os dous principais núcleos urbanos do concello.

Entre o seu patrimonio destaca a igrexa de San Gonzalo.

Other Languages
العربية: أمارانتي
বিষ্ণুপ্রিয়া মণিপুরী: আমারান্টে
català: Amarante
Deutsch: Amarante
Esperanto: Amarante
فارسی: آمارانته
Mirandés: Amarante
română: Amarante
русский: Амаранти
svenska: Amarante
українська: Амаранте
Tiếng Việt: Amarante, Bồ Đào Nha
中文: 阿马兰蒂