América do Sur
English: South America

América do Sur
South America (orthographic projection).svg
Área17 891 900 2
Poboación390 000 000
Densidade poboacional20.3
XentilicioSuramericano[1] Americano
Países
Dependencias
linguas
Fusos horariosUTC-2
UTC-6
Cidades máis grandes1.Flag of Brazil.svg São Paulo
2.Flag of Argentina.svg Buenos Aires
3.Flag of Brazil.svg Río de Xaneiro
4.Flag of Colombia.svg Bogotá
5.Flag of Peru.svg Lima
6.Flag of Chile.svg Santiago
7.Flag of Venezuela.svg Caracas
8.Flag of Brazil.svg Belo Horizonte
9.Flag of Brazil.svg Salvador de Baía
10.Flag of Brazil.svg Porto Alegre
América do Sur

América do Sur (Gl-América do sur.ogg pronunciación ), tamén chamada Suramérica (Gl-Suramérica.ogg pronunciación ),[1] anteriormente coñecida simplemente como América (1507-1538),[2] é o subcontinente austral de América. Está atravesada pola liña ecuatorial no seu extremo norte, quedando así a maior parte do seu territorio comprendida dentro do hemisferio sur. Está situada entre o océano Atlántico e o océano Pacífico, que delimitan os extremos leste e oeste respectivamente, mentres que o mar Caribe delimita polo norte e o océano Antártico o seu extremo sur. Ocupa unha superficie de 17,8 millóns de km², o que representa un 42% do continente americano e un 12% das terras emerxidas,[3] e está habitada polo 6% da poboación mundial.[4]

Inclúe hoxe en día doce países: Arxentina, Bolivia, Brasil, Chile, Colombia, Ecuador, Güiana, Paraguai, Perú, Suriname, Uruguai e Venezuela, aínda que hai libros que inclúen á nación caribeña de Trinidad e Tobago por atoparse sobre a plataforma continental de Venezuela. Os países que bordean o mar Caribe —Colombia, Venezuela, Güiana, Suriname e Trinidad e Tobago e tamén a Güiana Francesa, que é un departamento de ultramar de Francia, e Aruba, Curaçao e o estado de Bonaire pertencentes ao Reino dos Países Baixos— coñécense en conxunto como o Caribe suramericano, mentres que Arxentina, Chile, Uruguai e o sur de Brasil, forman o Cono Sur, unha rexión do subcontinente que se caracteriza polos máis altos estándares de calidade de vida e desenvolvemento en relación ao resto de Latinoamérica.[5][6][7][8] Colombia e Venezuela, ademais de estaren na rexión Caribe, pertencen tamén xunto a Bolivia, Ecuador e Perú á zona andina e aos países da conca do Amazonas.

Desde o século XVI ata principios do século XIX a maior parte de América do Sur estaba dividida en colonias gobernadas, maioritariamente, por España e Portugal, seguidas por unha colonia do Reino Unido, unha de Francia e outra dos Países Baixos que se foron convertendo en repúblicas, coa excepción da Güiana Francesa convertida en Departamento de Ultramar francés (Rexión Ultraperiférica europea) e as illas Malvinas e illas veciñas. Aínda que o límite actual de América do Sur con América Central se sitúa nunha liña imaxinaria na selva do Darién, foi a partir da construción da Canle de Panamá que se comeza a asociar este país con América Central en medios anglosaxóns. Finalmente no ano 1955, Panamá pasa a formar parte de América Central xeograficamente, pero mantén lazos históricos e culturais con América do Sur.[9][10]

Historia

Pinturas rupestres da Cueva de las Manos, Santa Cruz, Arxentina. Estas pinturas rupestres datadas no 7350 a.C., atópanse entre as expresións artísticas máis antigas dos pobos suramericanos
Artigo principal: Historia de América do Sur.

Época precolombiana

Artigos principais: América precolombiana, Poboamento de América, Primeiros poboadores andinos e Épocas preincaicas.

Os asentamentos posteriores en Tiwanaku —construído nas ribeiras do lago Titicaca— e San Agustín, en Colombia, convertéronse en grandes misterios da arqueoloxía.[11]

A reiteración de sitios arqueolóxicos de grande antigüidade en América do Sur e a escasa cantidade dos mesmos no norte do continente, sumado ás diferenzas de consideración en xenes e fenotipos entre os paleoindios suramericanos e norteamericanos, causaron a adhesión dalgúns investigadores á hipótese dun poboamento autónomo de América do Sur, non proveniente do norte.

Esta hipótese relaciónase coa teoría da chegada pola Antártida desde Oceanía,[12] e parecen confirmala os achados de asentamentos de tribos costeiras duns 14 800 anos de antigüidade no sitio arqueolóxico de Monte Verde, Chile.[13]

Durante a súa migración e especialmente despois do descubrimento da agricultura, os antigos poboadores americanos foron establecéndose nas áreas e sectores que consideraban máis propicios para o seu desenvolvemento e modos de vida. En Ayacucho, Perú, xa se domesticaban llamas 5 000 anos antes de Cristo.[11] Nos séculos posteriores, tamén se desenvolveron en diferentes rexións do subcontinente áreas para a semente de arracacha, batata, cabaza, ananás, feixón, pataca, tapioca, quinoa, mandioca, e iñame, que son orixinarios de América do Sur. En situación de illamento durante milenios con respecto ás sociedades do Vello Mundo, os pobos suramericanos conformaron culturas autónomas orixinais ata o punto de producir dúas revolucións neolíticas separadas nos Andes que deron orixe a centos de civilizacións agrocerámicas, varias das cales consideraban a ola de barro un símbolo de gran valor espiritual xa que representaba o universo dos deuses, o lugar dos enterros, o depósito para fermentar a chicha (bebida alcohólica) e o utensilio para preparar alimentos.[11]

Nos Andes de Colombia e na costa do Ecuador atopáronse as primeiras cerámicas de América, realizadas entre os anos 3600 e 3000 a.C. A metalurxia suramericana precolombiana tivo un desenvolvemento considerable. Os chibchas en Colombia alcanzaron métodos de fundición, soldadura oxiacetilénica, laminación, filigrana, cera fundida e baleirado simple. Na ourivaría da rexión atópase a orixe do mito de El Dorado.

A Cultura Chinchorro, situada na costa norte de Chile (Atacama) e sur de Perú, desenvolveu técnicas de momificación case 2 mil anos antes que os exipcios, e as súas momias son consideradas as máis antigas do mundo.[14]

Cara ao século XII, a influencia inca chegou a ocupar os actuais territorios do Perú, Bolivia e Ecuador, ademais do norte de Chile, o noroeste da Arxentina, e a zona sur de Colombia.[15] Desde o Cuzco, o Imperio inca consolidou un estado que logrou sintetizar e difundir os múltiples coñecementos artísticos, científicos e tecnolóxicos dos seus antecesores. Os devanditos coñecementos, con todo, non incluían a escritura, xa que esta era descoñecida en América do Sur antes da chegada dos europeos. Actualmente, algúns costumes e tradicións da desaparecida civilización inca prevalecen en etnias andinas como os quechuas e aimarás. O territorio de Brasil estivo habitado desde hai polo menos 8 000 anos.[16]

Machu Picchu (Perú) é a icona da arquitectura inca.

As civilizacións antes da conquista

Pirámide e praza de Caral, un dos exemplos máis representativos da civilización caral. (do 3000 a.C. o 1800 a.C.)
  • Civilización Caral, tamén coñecida como Caral-Supe ou Norte Chico, foi unha antiga civilización do Perú, unha complexa sociedade preincaica que inclúe preto de trinta grandes asentamentos humanos. 3200 a.C-1600 a.C.
  • Cultura Vicus é unha cultura arqueolóxica do Antigo Perú que se desenvolveu entre os anos 500 a.C. e 500 d.C. na zona costeira norte do Perú, no curso inferior do río Piura, a 7 km do distrito de Chulucanas, na provincia de Morropón, departamento de Piura.
  • Tiwanaku foi o centro da civilización tiwanaku, unha cultura preincaica que baseaba a súa economía na agricultura e a gandaría, e que abarcou centralmente os territorios da meseta do Collao (entre o occidente de Bolivia e o sur do Perú) nos Andes, expandíndose cara á costa (sur do Perú e norte de Chile) e que irradiou a súa influencia tecnolóxica e relixiosa cara a outras civilizacións contemporáneas a ela.
  • Imperio Inca, Imperio incaico ou Tahuantinsuyo foi un estado precolombiano situado en América do Sur. Floreceu na zona andina do subcontinente entre os séculos XV e XVI, como consecuencia do apoxeo da civilización incaica.
  • Muiscas, a confederación muisca foi a unidade política dos cacicados muiscas, como o cacicado de Zipaquirá, liderados polo zipa de Bacatá, o zaque de Hunza, o iraca de Sogamoso e o tundama de Duitama. Subsistiu ata 1541, data en que se consolidou a conquista española no centro de Colombia.
  • Cultura Chimú, ou Chimor é unha cultura do Antigo Perú xurdida na costa norte tralo decaemento do Imperio huari entre os anos 1000 e 1200 d.C. Ocuparon os territorios que antes habitaron os mochicas, chegando a expandir os seus dominios, na súa etapa de maior desenvolvemento, por toda unha extensa franxa do norte do Perú, desde Tumbes ata o val de Huarmey.
  • Cultura Chavín foi unha da grandes civilizacións americanas que se desenvolveu entre os ríos Mosna e Huachecsa,[17][18] na provincia de Huari, departamento de Ancash no Perú. Desenvolveuse entre 1200 a.C-200 a.C.
  • Cultura Nazca é unha cultura arqueolóxica do Antigo Perú que xurdiu na provincia de Nazca ( departamento de Ica) ao redor do século I e entra en decadencia no século VI.
  • Cultura Paracas ou cultura de Paracas é unha cultura arqueolóxica do Antigo Perú orixinada a finais do período formativo superior, ao redor do 500 a.C. ao redor da península de Paracas. A península en cuestión sitúase entre os ríos Ica e Pisco no actual departamento de Ica. Desde aquel punto de partida, os paracas lograron dominar aproximadamente desde o río Cañete, ao norte ata Yauca, ao sur, tendo como centro a cidade de Ica.
  • Cultura mochica, tamén chamada Moche, é unha cultura arqueolóxica do Antigo Perú que se desenvolveu entre o 100 a.C. e o 800 d.C. no val Moche tendo como capital o territorio que hoxe en día se denomina Huacas del Sol y de la Luna na rexión La Libertad. Esta cultura estendeuse cara aos vales da costa norte do actual Perú.
  • Charrúas foron un conxunto de pobos amerindios que habitaban nos territorios do actual Uruguai, das actuais provincias arxentinas de Entre Ríos, Santa Fe e Corrientes e tamén no Estado brasileiro de Río Grande do Sur. As linguas charrúas son un grupo lingüístico único e separado doutras linguas indíxenas. Cos únicos grupos lingüísticos que ten algunhas características similares é coas linguas do Chaco e coas linguas macro-gê do Brasil.
  • A Cultura Mollo foi unha civilización preincaica que habitou a zona occidental da cordilleira Real no actual departamento da Paz en Bolivia. Esta civilización apareceu aproximadamente no ano 700 d.C. e esténdese ata o 1300 ou 1400 d.C, o seu decaemento confúndese co arribo dos incas á zona, polo cal se cre que estes absorberon aos mollo aprendendo algunhas técnicas construtivas deles.

Época colonial

O Imperio Español e o Imperio Portugués foron os primeiros en realizar a conquista do Novo Mundo, e asentáronse principalmente no sur de América do Norte, América Central e na área andina de Suramérica (imperios Azteca e Inca, respectivamente). España foi a potencia que maior presenza colonial impuxo en América. No Caribe, dominou sobre todo Cuba, A Española, Porto Rico, Xamaica, incluíndo á península de Florida dentro das súas posesións caribeñas. Desde os asentamentos antillanos, tomou posesión pola forza dos grandes estados existentes en América nese momento: en América do Norte chegou a apropiarse do Imperio azteca, no actual México, establecéndose nas súas cidades, ademais de dominar a tlaxcaltecas, tarascos, mixtecas e zapotecas. A partir de aí controlou unha gran parte de América Central, dominando as poboacións de lingua maia, aos pipiles, os chorotegas e os pobos de fala ngäbe de Veragua ( Panamá). Desde Panamá emprendeuse a conquista da zona andina de América do Sur ata a zona central do actual Chile, controlada polo Imperio incaico no actual Perú. Ao mesmo tempo, en busca da Serra da Prata e as terras do Rey Blanco, fundáronse cidades no estuario do Prata e sobre as marxes dos ríos Paraná e Paraguai, sendo a máis importante delas Asunción.

O Tratado de Tordesillas subscrito en 1494 entre os reis de Castela e Aragón, e Xoán II rei de Portugal, estableceu unha repartición das zonas de anexión do novo mundo. A parte oriental de América do Sur, o extremo leste de Brasil, quedaba adscrito á área de acción de Portugal, o que posibilitou o sometemento á súa soberanía cando en 1500 Pedro Álvares Cabral arribou a costas brasileiras.

O 5 de agosto de 1498 verificouse o primeiro desembarco europeo en América do Sur. A partir do 13 de agosto, Cristovo Colón navegou pola costa oriental da actual Venezuela ata a península de Paria, Illa de Margarita e Cubagua antes de regresar a A Española. Na illa de Cubagua fundouse o primeiro asentamento europeo en Suramérica: Nueva Cádiz (1500). Mentres que en Cumaná (actual Venezuela) fundouse o primeiro asentamento en terra firme (1515).

O conquistador español Francisco Pizarro chegou a Cajamarca en 1532, tomando prisioneiro ao monarca inca, Atahualpa. Posteriormente deu orde de executalo e aliouse coa nobreza do Cuzco, o cal lle permitiu completar a conquista do Imperio incaico.[19]

Portugal apropiouse da maior parte da franxa costeira atlántica da parte norte de América do Sur, que máis tarde orixinaría o Estado do Brasil.

Inglaterra estableceu trece colonias na franxa costeira atlántica norteamericana, ademais de en algunhas illas caribeñas.

Francia ocupou a actual Güiana Francesa en Suramérica (aínda baixo o seu dominio), Luisiana no Golfo de México (desde os Grandes Lagos), algunhas illas do Caribe, e a rexión canadense de Quebec.

Holanda estableceu colonias en Norteamérica (Nova Ámsterdan que logo sería Nova York), norte de América do Sur (Güiana holandesa hoxe Suriname) e algúns asentamentos nas illas caribeñas (Antillas Neerlandesas e Aruba).

Evolución territorial dos países suramericanos desde o ano 1700 ata hoxe.

Emancipación

Artigos principais: Descolonización de América e Guerras de independencia hispanoamericanas.
Antonio Nariño, prócer da Independencia de Colombia.
Francisco de Miranda, prócer da independencia de Venezuela.

Ao longo de 1808, as presións do emperador francés Napoleón Bonaparte desencadearon unha serie de acontecementos que empeoraron aínda máis a xa comprometida situación española. O rei Carlos IV de España abdicou o trono a favor do seu fillo Fernando VII o 19 de marzo de 1808 logo dos sucesos do motín de Aranjuez, e máis tarde, o 5 de maio de 1808 terminouse de consumar o desastre para España cando Carlos IV e o seu fillo foron obrigados a ceder o trono a Napoleón para designar ao seu irmán, Xosé I, como novo rei de España. Isto provocou unha reacción popular en España que desencadeou o que hoxe se coñece como a guerra da independencia española e tanto en América como en España, formáronse xuntas rexionais que fomentaron a loita contra os invasores franceses para restablecer no trono o monarca lexítimo. Con todo, nas xuntas americanas só se falaba con entusiasmo da Xunta popular de Cádiz e moitas delas eran vistas con receo polas autoridades españolas, que as supoñían sospeitosas de seren favorables aos franceses e que non se esqueceron de accións como a de Antonio Nariño en Bogotá, que publicara a Declaración dos dereitos do home e do cidadán traducida por Juan Picornell, e que influíu na conspiración de Manuel Gual e José María España de 1797[20], ou das fracasadas expedicións militares de Francisco de Miranda en Venezuela.

O xeneral arxentino José de San Martín, liberador da Arxentina, Chile e Perú, no Cruzamento dos Andes, xunto a Bernardo O'Higgins.

O proceso das guerras de independencia hispanoamericanas iniciouse coa revolución de Chuquisaca (Actual Sucre) o 25 de maio 1809 no Alto Perú e culminou coa ocupación das fortalezas do Callao en 1826. No ano 1817, o xeneral libertador José de San Martín realiza o Cruzamento dos Andes e conxuntamente co exército de Bernardo O'Higgins derrota aos realistas en Chile. Finalmente diríxese a Lima co fin de impactar no centro do poder español.

A altura media de 3 000 metros e os picos de 4 800 metros, provocaron o mal de montaña no exército. O camiño mediaba os 30 cm de ancho e era irregular. A temperatura descendía entre -15 e -20 graos centígrados durante a noite. Dos 5 400 homes que compoñían o exército, 300 morreron no camiño. Só chegaron 5 000 mulas das 9 200 que partiron e 500 cabalos dos 1 500 iniciais. Ao mesmo tempo, San Martín dirixía as 6 columnas que cruzaban a cordilleira por distintos puntos, co obxectivo de confundir e dispersar as forzas realistas que os esperaban para enfrontalos. Ao arribar a Chile, o exército patriota ao mando de San Martín, logra un triunfo clave na batalla de Chacabuco.

A historia da emancipación suramericana comezaba a escribirse. Logo complementariase coas accións militares iniciadas polo libertador Simón Bolívar ao norte do continente, dando o seu primeiro gran golpe na batalla de Boyacá, onde consegue unha decisiva vitoria patriota.

Do período poscolonial ao proceso de integración

Pedro I do Brasil (Coñecido como O Rei Soldado) foi un emperador de Portugal ata que proclamou a independencia de Brasil en 1822 e se converteu no seu primeiro emperador.
San Martín e Bolívar durante a Entrevista de Guayaquil. (1822)

Un feito crucial para o xurdimento do Brasil como estado nación foi o traslado, a raíz das guerras napoleónicas, da capital portuguesa desde Lisboa a Río de Xaneiro implicándose con iso a asignación da categoría de reino ao Brasil, un reino dentro do Reino Unido de Portugal, Brasil e o Algarve (1807-1821), ao disolverse pacificamente tal reino xurdiu o Imperio do Brasil. A independencia foi proclamada en 1822 polo fillo do rei de Portugal. Pedro I estableceu unha monarquía constitucional que reinou ata a proclamación da República do Brasil en 1889.

Trala súa independencia, América do Sur sufriu nalgúns dos seus países diversos tipos de ditaduras e homes fortes. Con todo, a finais do século XX a maior parte do subcontinente logrou facerse de gobernantes elixidos democraticamente, aínda que non en todas as circunstancias se estableceron institucións duradeiras. O desenvolvemento económico da Arxentina e Uruguai desde principios de século faría que se transformasen na meca da inmigración, sobre todo desde Europa e Asia. Durante a primeira e segunda guerra mundial, o continente mantívose a salvo da ola destrutiva que arrasou Europa, Asia e África e volveuse unha vez máis receptor natural de miles de refuxiados. No entanto, entre 1941 e 1942, desenvolveuse a guerra peruano-ecuatoriana.

Na década de 1960 iniciouse unha serie de réximes ditatoriais favorecidos polas aristocracias locais con apoio dos Estados Unidos co obxectivo de neutralizar a gobernos de tendencia socialista en diversos países de América do Sur: Brasil, Arxentina, Uruguai, Paraguai, Chile e Bolivia.

Desde 1999, excepto Colombia, varios países de América do Sur elixiron gobernos de centro esquerda como Arxentina, Brasil, Chile, Uruguai, Paraguai e recentemente Perú, ou de esquerda como Bolivia, Ecuador e Venezuela, aínda que a maioría destes gobernos abrazan o libre mercado.

En 2008 dáse a creación da Unión de Nacións Suramericanas (Unasur) e o Banco do Sur que busca políticas de integración económica, política e cultural entre os países membros, tamén busca defender as democracias da rexión dos golpes de estado. Un exemplo disto é a reacción de países suramericanos e especialmente do Unasur no intento de golpe de estado en Ecuador de 2010, ou na crise política en Bolivia de 2008.

En canto á orde pública, o conflito armado en Colombia levou a que outros Estados do subcontinente se impliquen no desenvolvemento do mesmo. O chamado acordo humanitario contou coa participación activa de varios gobernos suramericanos, en especial a participación da administración de Hugo Chávez. A situación deu lugar á crise diplomática de Colombia con Ecuador e Venezuela de 2008 que finalizou na XX Reunión Cume do Grupo de Río; en 2010 produciuse unha nova crise diplomática entre Colombia e Venezuela que finalizaría coa mediación do Unasur.

Other Languages
адыгабзэ: Къыблэ Америкэ
Afrikaans: Suid-Amerika
Alemannisch: Südamerika
aragonés: America d'o Sud
Ænglisc: Sūðamerica
asturianu: América del Sur
azərbaycanca: Cənubi Amerika
башҡортса: Көньяҡ Америка
Boarisch: Siidamerika
žemaitėška: Pėitū Amerėka
Bikol Central: Amerika nin Sur
беларуская: Паўднёвая Амерыка
беларуская (тарашкевіца)‎: Паўднёвая Амэрыка
български: Южна Америка
Bislama: Saot Amerika
brezhoneg: Suamerika
bosanski: Južna Amerika
Mìng-dĕ̤ng-ngṳ̄: Nàng Mī-ciŭ
qırımtatarca: Cenübiy Amerika
čeština: Jižní Amerika
kaszëbsczi: Pôłniowô Amerika
словѣньскъ / ⰔⰎⰑⰂⰡⰐⰠⰔⰍⰟ: Южьна Амєрїка
Cymraeg: De America
dansk: Sydamerika
Deutsch: Südamerika
Ελληνικά: Νότια Αμερική
English: South America
Esperanto: Sudameriko
euskara: Hego Amerika
estremeñu: América del Sul
Na Vosa Vakaviti: Sudamerica
føroyskt: Suðuramerika
français: Amérique du Sud
Nordfriisk: Süüd-Ameerikoo
贛語: 南美洲
Gàidhlig: Aimearaga a Deas
Avañe'ẽ: Ñemby Amérika
客家語/Hak-kâ-ngî: Nàm Mî-chû
Hawaiʻi: ‘Amelika Hema
Fiji Hindi: South America
hrvatski: Južna Amerika
hornjoserbsce: Južna Amerika
Kreyòl ayisyen: Amerik disid
magyar: Dél-Amerika
interlingua: America del Sud
Bahasa Indonesia: Amerika Selatan
Interlingue: America del Sud
íslenska: Suður-Ameríka
ᐃᓄᒃᑎᑐᑦ/inuktitut: ᐊᒥᐊᓕᑲ ᓂᒋᖅ
日本語: 南アメリカ
Patois: Sout Amoerka
la .lojban.: ketytu'a
Qaraqalpaqsha: Qubla Amerika
Адыгэбзэ: Ипшэ Америкэ
kalaallisut: Amerika Kujalleq
한국어: 남아메리카
Перем Коми: Лунвыв Америка
къарачай-малкъар: Къыбыла Америка
kernowek: Amerika Dheghow
Кыргызча: Түштүк Америка
Lëtzebuergesch: Südamerika
Lingua Franca Nova: America Sude
Luganda: South America
Limburgs: Zuud-Amerika
lietuvių: Pietų Amerika
latviešu: Dienvidamerika
Basa Banyumasan: Amerika Selatan
македонски: Јужна Америка
Bahasa Melayu: Amerika Selatan
မြန်မာဘာသာ: တောင်အမေရိက
مازِرونی: آمریکای جنوب
Plattdüütsch: Süüdamerika
नेपाल भाषा: दक्षिण अमेरिका
Nederlands: Zuid-Amerika
norsk nynorsk: Sør-Amerika
Novial: Sudi Amerika
Sesotho sa Leboa: Amerika Borwa
Livvinkarjala: Suvi-Amerikku
Kapampangan: Mauling Amerika
Papiamentu: Sur Amérika
Deitsch: Saut Amerikaa
Norfuk / Pitkern: Sowth Merika
Piemontèis: América Meridional
português: América do Sul
Runa Simi: Urin Awya Yala
rumantsch: America dal Sid
romani čhib: Sudutni Amerika
română: America de Sud
русиньскый: Южна Америка
Kinyarwanda: Amerika y’Epfo
संस्कृतम्: दक्षिण अमेरिका
ᱥᱟᱱᱛᱟᱲᱤ: ᱠᱚᱧᱮ ᱟᱢᱮᱨᱤᱠᱟ
sicilianu: Amèrica dû Sud
davvisámegiella: Lulli-Amerihkká
srpskohrvatski / српскохрватски: Južna Amerika
Simple English: South America
slovenčina: Južná Amerika
slovenščina: Južna Amerika
Gagana Samoa: Amerika i Saute
chiShona: South America
српски / srpski: Јужна Америка
Sranantongo: Ondro Amrika
Sesotho: Amerika Borwa
Seeltersk: Suud-Amerikoa
svenska: Sydamerika
Türkmençe: Günorta Amerika
Tagalog: Timog Amerika
Tok Pisin: Saut Amerika
Türkçe: Güney Amerika
татарча/tatarça: Көньяк Америка
ئۇيغۇرچە / Uyghurche: جەنۇبىي ئامېرىكا
українська: Південна Америка
oʻzbekcha/ўзбекча: Janubiy Amerika
vepsän kel’: Suviamerik
Tiếng Việt: Nam Mỹ
West-Vlams: Zuud-Amerika
Volapük: Sulüda-Merop
吴语: 南美洲
isiXhosa: UmZantsi Melika
მარგალური: ობჟათე ამერიკა
Vahcuengh: Nanzmeijcouh
Zeêuws: Zuud-Amerika
中文: 南美洲
Bân-lâm-gú: Lâm Bí-chiu
粵語: 南美洲