Alternativa por Castilla y León

Alternativa por Castilla y León (ACAL) (Alternativa por Castela e León en galego) foi unha coalición electoral española xurdida a finais de 2006 e constituída legalmente en marzo de 2007 e que agrupaba partidos nacionalistas, rexionalistas e independentes de Castela e León. Os seus promotores foron a formación nacionalista castelá Tierra Comunera, o Partido de El Bierzo e o Partido del Progreso de las Ciudades y las Comarcas de Castilla y León. O Partido de El Bierzo formou parte da coalición só para as eleccións autonómicas, non para as municipais nas que se presentou en solitario.

Aspiraban a conseguir 100.000 votos en Castela e León e obter representación no parlamento rexional. O seu obxectivo era rematar co bipartidismo de PP e PSOE.

Presentáronse en candidatura conxunta para as eleccións Autonómicas de Castela e León de 2007: Ademais de Tierra Comunera, forman parte de Alternativa de Castilla y León, Independientes de Palencia, Tiétar, Laguna, Riaza, o Partido de El Bierzo, Partido del Progreso de las Ciudades y Comarcas de Castilla y León, Iniciativa por Soria, de las Merindades, de Guardo, os Verdes de Segovia e previsiblemente os Verdes de Laciana, Agrupación de Segovia e Unión del Pueblo Zamorano.[1]

En 2008 ao termo das eleccións Xerais sáese da coalición Tierra Comunera e o resto de partidos seguen formando Alternativa por Castela e León. En 2009 Tierra Comunera e Alternativa por Castilla y León forman xunto a outros partidos castelanitas-rexionais de Castela e león: o Partido de Castilla y León (PCAL), para concorrer nunha candidatura única ás Eleccións Autonómicas de Castela e León de 2011 e às Xenerais de 2012. Nas municipais o de concorrer unidos ou non terá que verse concello a concello chegado o momento.

Compoñentes