Alphonsus

O cráter Alphonsus, situado no centro á dereita. Fotografía tomada polo Ranger 9.

Alphonsus é un cráter de impacto lunar, situado na cara visíble da Lúa, nas coordenadas lunares 13,4º S, 2,8º O. Ten un diámetro de 119 km e unha profundidade de 2,7 km.

O seu nome (ou epónimo) foi oficialmente adoptado pola Unión Astronómica Internacional (UAI) en 1935,[1][2] en referencia ao astrónomo Afonso X o Sabio, máis coñecido por ter sido rei de Castela e León.[3]

Seu fai

Aspectos xeolóxicos

O fondo do cráter Alphonsus, que é notabelmente plano e está sementado de pequenos cráteres, ten un pico central e unha longa greta que corre case paralela á parede oriental. Con todo, a característica máis importante de Alphonsus, desde o punto de vista xeolóxico, son varias manchas escuras formadas por depósitos piroclásticos.

Other Languages
español: Alphonsus
suomi: Alphonsus
hrvatski: Alfons
Lëtzebuergesch: Alphonsus (Moundkrater)
srpskohrvatski / српскохрватски: Krater Alphonsus
slovenčina: Alphonsus