Alimento

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
O pan, considerado como alimento por excelencia

O alimento é a substancia normalmente comida ou bebida por seres vivos. O termo alimento inclúe tamén bebidas líquidas. A comida é a principal fonte de enerxía e nutrición dos animais, e é xeralmente de orixe animal ou vexetal.

Diversas disciplinas encárganse do estudo dos alimentos desde enfoques distintos: a bioloxía estuda os mecanismos de obtención, dixestión e refugallo dos alimentos por parte dos organismos, a ecoloxía estuda as cadeas alimentarias, a química dos alimentos a composición dos alimentos e o xeito no que se metabolizan dentro do organismo, e a tecnoloxía dos alimentos estuda a elaboración, produción e uso dos produtos destinados ao consumo humano.

Nutrientes

Artigo principal: Nutriente.

Defínese como nutriente a toda aquela substancia que bioquímicamente é esencial para o mantemento dos organismos vivos. A vida é sostida polos alimentos, e as substancias contidas nos alimentos das cales depende a vida son os nutrientes. Estes proporcionan a enerxía e os materiais de construción para as innumerables substancias que son esenciais para o crecemento e a supervivencia dos organismos vivos. Un nutriente é unha substancia usada para o metabolismo do organismo, e a cal debe ser tomada do ambiente. Os organismos non autotróficos adquiren os nutrientes a través dos alimentos que enxiren. Os métodos para a inxerir os alimentos son variables, os animais teñen un sistema dixestivo interno, mentres que as plantas dixiren os nutrientes externamente e logo son inxeridos. Os efectos dos nutrientes dependen da dose.

Os nutrientes orgánicos inclúen carbohidratos, graxas e proteínas, así como vitaminas. Algúns compoñentes químicos inorgánicos como minerais, auga e osíxeno poden tamén ser considerados como nutrientes. Un nutriente é esencial para un organismo cando este non pode sintetizalo en cantidades suficientes e debe ser obtido dunha fonte externa.

Hai dous tipos de nutrientes: os simples ou micronutrientes, e os complexos ou macronutrientes. Os nutrientes requiridos en grandes cantidades son chamados macronutrientes e os que son requiridos en cantidades máis pequenas coñéceselles como micronutrientes.

Micronutrientes

Coñécese como micronutrientes a aquelas substancias que o organismo dos seres vivos necesita en pequenas doses. Son indispensables para os diferentes procesos bioquímicos e metabólicos dos organismos vivos e sen eles morrerían. Desempeñan importantes funcións catalizadoras no metabolismo, ao formar parte da estrutura de numerosas enzimas.

Nos animais engloba as vitaminas e minerais e estes últimos divídense en minerais e oligoelementos. Estes últimos necesítanse nunha dose aínda menor.

As plantas requiren de minerais. Púidose estudar ben nelas cales necesitan grazas a cultivos sen chan que puidesen alterar os resultados. Descubriuse que algúns elementos necesítanse en proporcións tan baixas que un fertilizante que non os conteña no seu formulación pode aportalos debido ás impureza que contén.

Other Languages
Afrikaans: Voedsel
Akan: Aduane
Alemannisch: Lebensmittel
አማርኛ: ምግብ
aragonés: Alimento
Ænglisc: Ǣt
العربية: طعام
ܐܪܡܝܐ: ܡܐܟܘܠܬܐ
asturianu: Alimentu
Aymar aru: Manq'a
azərbaycanca: Qida
تۆرکجه: یئیه‌جک
башҡортса: Аҙыҡ
Boarisch: Viktualien
žemaitėška: Jiedis
беларуская: Ежа
беларуская (тарашкевіца)‎: Ежа
български: Храна
भोजपुरी: भोजन
bamanankan: Dumuni
বাংলা: খাদ্য
brezhoneg: Boued
bosanski: Hrana
català: Aliment
нохчийн: Кхача
کوردی: خۆراک
čeština: Potravina
Чӑвашла: Апат-çимĕç
Cymraeg: Bwyd
dansk: Mad
Deutsch: Lebensmittel
Ελληνικά: Τροφή
English: Food
Esperanto: Manĝaĵo
español: Alimento
eesti: Toit
euskara: Janari
فارسی: خوراک
suomi: Ruoka
Võro: Süük
føroyskt: Matur
français: Nourriture
Gaeilge: Bia
贛語: 喫嗰
Gàidhlig: Biadh
Avañe'ẽ: Hi'upy
Hausa: Abinci
客家語/Hak-kâ-ngî: Sṳ̍t-vu̍t
עברית: מזון
हिन्दी: भोजन
Fiji Hindi: Khana
hrvatski: Hrana
magyar: Étel
հայերեն: Սննդամթերք
interlingua: Alimento
Bahasa Indonesia: Makanan
Iñupiak: Niqi
Ilokano: Makan
íslenska: Matur
italiano: Alimento
ᐃᓄᒃᑎᑐᑦ/inuktitut: ᓂᕿ
日本語: 食品
Patois: Fuud
la .lojban.: cidja
Basa Jawa: Pangan
ქართული: საკვები
қазақша: Тамақ
ಕನ್ನಡ: ಆಹಾರ
한국어: 음식
kurdî: Xurek
Latina: Cibus
Lëtzebuergesch: Liewensmëttel
лакку: Дукра
Limburgs: Voeding
lingála: Biléi
ລາວ: ອາຫານ
lietuvių: Maistas
latviešu: Pārtika
Malagasy: Sakafo
македонски: Храна
മലയാളം: ആഹാരം
монгол: Хоол
मराठी: अन्न
Bahasa Melayu: Makanan
Mirandés: Quemido
မြန်မာဘာသာ: အစားအစာ
эрзянь: Ярсамопель
Nāhuatl: Tlacualli
Plattdüütsch: Eten
नेपाल भाषा: नसात्वँसा
Nederlands: Voedsel
norsk nynorsk: Mat
norsk: Mat
Novial: Manjaje
Nouormand: Mangi
occitan: Noiridura
Livvinkarjala: Syömine
Ирон: Хæринаг
ਪੰਜਾਬੀ: ਖਾਣਾ
polski: Żywność
پنجابی: کھانا
پښتو: خواړه
português: Alimento
Runa Simi: Mikhuna
Romani: Xapen
română: Mâncare
armãneashti: Mâcari
русский: Пища
русиньскый: Їджіня
संस्कृतम्: आहारः
саха тыла: Ас
ᱥᱟᱱᱛᱟᱲᱤ: ᱡᱚᱢᱟᱜ
sicilianu: Cosi di manciari
Scots: Fuid
davvisámegiella: Biebmu
srpskohrvatski / српскохрватски: Hrana
Simple English: Food
slovenčina: Jedlo
slovenščina: Hrana
chiShona: Kudya
Soomaaliga: Cunto
shqip: Ushqimi
српски / srpski: Храна
Sesotho: Dijo
Basa Sunda: Pangan
svenska: Mat
Kiswahili: Chakula
தமிழ்: உணவு
తెలుగు: ఆహారం
ไทย: อาหาร
Tagalog: Pagkain
Setswana: Dijo
Türkçe: Yiyecek
Xitsonga: Swakudya
татарча/tatarça: Ризык
українська: Їжа
اردو: غذا
oʻzbekcha/ўзбекча: Oziq-ovqat
vèneto: Magnar
vepsän kel’: Söm
Tiếng Việt: Thực phẩm
walon: Amagnî
Winaray: Karaonon
吴语: 食物
isiXhosa: Ukutya
მარგალური: ოჭკომალი
ייִדיש: עסנווארג
Zeêuws: Voedienge
中文: 食物
文言:
Bân-lâm-gú: Chia̍h-mi̍h
粵語: 嘢食