Alfonso de Borbón e Borbón-Dúas Sicilias

Alfonso de Borbón e Borbón-Dúas Sicilias
Infante de España
Juan Carlos de Borbón junto a su padre y su hermano Alfonso (1 de 1) - Fondo Marín-Kutxa Fototeka (cropped).jpg
Alfonso de Borbón (1950)

Nome completoAlfonso Cristino Teresa Ángelo Francisco de Asís y Todos los Santos de Borbón y Borbón-Dos Sicilias
Nacemento3 de outubro de 1941
Roma, Italia Italia
Falecemento29 de marzo de 1956
Estoril, Portugal Flag of Portugal.svg
SepulturaPanteón de Infantes do Mosteiro de El Escorial
Casa realCasa de Borbón
ProxenitoresJuan de Borbón
María de las Mercedes de Borbón-Dúas Sicilias

Alfonso de Borbón e Borbón-Dúas Sicilias, nado en Roma o 3 de outubro de 1941 e finado en Estoril, Portugal, o 29 de marzo de 1956, infante de España, foi fillo do infante e Conde de Barcelona Juan de Borbón, Xefe da Casa Real de España naquel momento, e a Princesa María de las Mercedes de Borbón-Dúas Sicilias.

Traxectoria

Nacido baixo o nome de Alfonso Cristino Teresa Ángelo Francisco de Asís y Todos los Santos, o irmán pequeno do Rei Xoán Carlos I de España acompañou a este a España para estudar Bacharelato. Esta decisión tomárona o ditador Franco e Juan de Borbón, o seu pai, o 25 de agosto de 1948.

Case oito anos máis tarde, o 29 de marzo de 1956, mentres gozaba das vacacións de Semana Santa no Estoril (Portugal), o seu irmán maior (por entón cadete da Academia Xeral Militar de Zaragoza e unha idade de 18 anos) Xoán Carlos[1] disparou un revólver accidentalmente, que acabou coa súa vida. Este feito marcou ao que sería rei máis adiante, que chegou a pensar en recluírse nun mosteiro[2].

O mozo Alfonso, de 14 anos, foi enterrado en Portugal ata que o 15 de outubro de 1992 os seus restos foron trasladados ao Panteón de Infantes do Mosteiro de El Escorial, a petición do seu pai.