Alfio Basile

Alfio Basile
Basile masterclass 2013.jpg
Información persoal
Nome completoAlfio Basile
Nacemento1 de novembro de 1943 (75 anos)
LugarBahía Blanca, Arxentina
PosiciónCentrocampista
Carreira sénior
AnosEquiposAprs(Gls)
1959–1964Flag of Argentina.svg Club Bella Vista
1964–1970Flag of Argentina.svg Racing Club186
1971–1975Flag of Argentina.svg CA Huracán
Adestrador
1975–1976Flag of Argentina.svg CA Chacaritas Junior
1976Flag of Argentina.svg CA Rosario Central
1977Flag of Argentina.svg Racing Club
1977Flag of Argentina.svg CA Racing
1978Flag of Argentina.svg Instituto
1980Flag of Argentina.svg CA Racing
1981Flag of Argentina.svg Instituto
1982Flag of Argentina.svg CA Huracán
1983Flag of Argentina.svg CA Racing
1983Flag of Argentina.svg Club Atlético Talleres
1984-1985Flag of Argentina.svg CA Vélez Sársfield
1985-1989Flag of Argentina.svg Racing Club
1989-1990Flag of Argentina.svg CA Vélez Sársfield
1990-1991Flag of Uruguay.svg Club Nacional
1991-1994Flag of Argentina.svg Arxentina
1994-1995España Atlético de Madrid
1996-1997Flag of Argentina.svg Racing Club
1998Flag of Argentina.svg CA San Lorenzo
2000-2001Flag of Mexico.svg Club América
2004Flag of Argentina.svg CA Colón
2005-2006Flag of Argentina.svg CA Boca Juniors
2006-2008Flag of Argentina.svg Flag of Argentina.svg Arxentina
2009-2010Flag of Argentina.svg CA Boca Juniors
2012Flag of Argentina.svg Racing Club
* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

Alfio Basile máis coñecido como Coco Basile, nado o 1 de novembro de 1943 en Bahía Blanca (Provincia de Buenos Aires) é un futbolista e adestrador arxentino retirado.

Traxectoria

Coma xogador

Comezou a súa carreira profesional no modesto Club Bella Vista, da súa cidade natal. En 1964 fichou polo Racing Club, onde permaneceu ata 1970 participando nunha gran época do equipo, que gañou o título de liga en 1966 e a Copa Libertadores e Copa Intercontinental en 1967.

En 1971 fichou polo CA Huracán, equipo que tivo que abandonar en 1975 por problemas no xeonllo.

Como adestrador

Unha vez se retirou coma xogador profesional comezou a súa carreira de adestrador de fútbol. Pasou por gran número de equipos arxentinos, coma CA Huracán ou CA Rosario Central. Desta primeira época destaca Racing Club, co que gañou a Supercopa Suramericana e Supercopa Interamericana en 1988.

En 1991 substituíu Carlos Bilardo na dirección da Selección de fútbol da Arxentina de cara o Mundial de Fútbol Estados Unidos 1994, equipo no que adestrou a Gabriel Batistuta, Diego Armando Maradona ou Claudio Caniggia. Con este equipo gañou a Copa América en dúas ocasións (1991 e 1993) e a Copa Confederacións da FIFA (1992). A fase de clasificación para o Mundial tivo os seus claroscuros tendo que xogar unha fase de repesca ante o gañador do grupo de Oceanía, Australia, partidos para os que Maradona volveu ao equipo. O Mundial seguiu está tónica, comezou cunha goleada por catro a cero ante Grecia e rematou co equipo eliminado en oitavos de final ante Romanía trala expulsión de Maradona tras dar positivo nun control antidopaxe. Tras esta sorprendente eliminación Basile deixou o equipo, a pesar deste fracaso baixo a súa dirección o equipo marcou a maior racha de encontros sen perder da historia da selección arxentina, 33 encontros.

Nos seguintes anos Basile dirixiu a diversos equipos tanto arxentinos coma estranxeiros, coma o Club América de México, Club Nacional de Football de Uruguai ou Atlético de Madrid español. Porén non obtivo bos resultados con ningún destes equipos.

No ano 2000 recibiu o Premio Konex, coma un dos cinco mellores adestradores arxentinos da década.

En xullo de 2005 fichou polo CA Boca Juniors co que colleitaria varios títulos, tanto nacionais coma internacionais coa Recopa Suramericana en dúas ocasións, Torneo Apertura, Torneo Clausura e Copa Suramericana. O 15 de setembro foi substituído por Ricardo La Volpe para facerse cargo outra vez da Selección da Arxentina susbtituíndo a José Pekerman. Permaneceu no posto ata outubro de 2008 cando renunciou ao cargo tras a derrota ante a Selección de fútbol de Chile, o seu posto ocupouno Diego Armando Maradona.

Other Languages
العربية: ألفيو باسيلي
български: Алфио Базиле
català: Alfio Basile
Deutsch: Alfio Basile
English: Alfio Basile
español: Alfio Basile
français: Alfio Basile
magyar: Alfio Basile
italiano: Alfio Basile
lietuvių: Alfio Basile
Malagasy: Alfio Basile
Nederlands: Alfio Basile
polski: Alfio Basile
português: Alfio Basile
svenska: Alfio Basile
Türkçe: Alfio Basile
українська: Альфіо Басіле