Alexandre II de Rusia

Alexandre II de Rusia
Emperador e Autócrata de Todas as Rusias
AlexanderIIRussia.jpg
Alexandre II de Rusia

Reinado2 de marzo de 1855 - 13 de marzo de 1881
Nacemento29 de abril de 1818
Moscova, Flag of Russia.svg Imperio Ruso
Falecemento13 de marzo de 1881
San Petersburgo, Flag of Russia.svg Imperio Ruso
PredecesorNicolao I de Rusia
SucesorAlexandre III de Rusia
Cónxuxe/sMaría Alexandrovna von Hessen-Darmstadt
ProxenitoresNicolao I de Rusia
Carlota de Prusia

Alexandre II, nado en Moscova o 29 de abril de 1818 e finado en San Petersburgo o 13 de abril de 1881, foi Emperador e Autócrata do Imperio Ruso de 1855 a 1881.

Traxectoria

Fillo do emperador Nicolao I de Rusia e da princesa Carlota de Prusia (que tomaría o nome de Alexandra Feodorovna), naceu en Moscova o 29 de abril de 1818. Casou en 1841 coa princesa María de Hesse e do Rin. Deste matrimonio nacería o seu sucesor, Alexandre. Ao mes de quedar viúvo no 1880 casou en segundas nupcias coa princesa Catherine Dolgoruky, que tomaría o título de Princesa Iurievska. Os fillos habidos desta muller antes do matrimonio foron lexitimados ao pouco de casaren. Alexandre morreu asasinado en San Petersburgo o 13 de marzo de 1881.

Gran Duque de Finlandia

O monumento a Alexandre II "O Libertador" na Praza do Senado de Helsinqui foi erixido en 1894. A data "1863" fai referencia á re-apertura da Dieta de Finlandia. Este monumento, expresa o agradecemento finlandés a este tsar, que acabou con moitos períodos de tensión e guerra con Rusia.

En 1863 Alexandre II volveu establecer a Dieta de Finlandia e puxo en marcha varias reformas que aumentaban a autonomía de Finlandia, incluíndo o establecemento dunha moeda propia, o marco finlandés. A liberación da empresa conduciu a un aumento do investimento estranxeiro e a un profundo desenvolvemento industrial. Para rematar, elevou o idioma finés a lingua nacional, equiparándoo ao sueco, posibilitando unha igualdade de oportunidades para unha maior proporción da sociedade. Alexandre II foi considerado como "O Bo Tsar" en Finlandia.

A actitude de Alexandre cara a Finlandia podería ser vista como unha verdadeira crenza de que as reformas serían máis fáciles de probar nun pequeno país homoxéneo que o conxunto de Rusia. O trato benevolente cara a Finlandia tamén pode ser visto como unha recompensa pola lealdade da poboación durante a guerra de Crimea e durante o levantamento polaco. Tamén podería ser un intento de debilitar os fortes lazos que Finlandia mantiña aínda con Suecia.

Intentos de asasinato

Gravado da época que mostra o atentado de 1867.

En 1866 houbo un atentado contra a vida do tsar en San Petersburgo, perpetrado por Dmitri Karakozov. O atentado produciuse no xardín de verán, sendo salvado o tsar por un home que apartou a tempo o arma do terrorista, impedindo así que o emperador recibira algunha ferida. Para conmemorar o feito, construíronse un gran número de capelas e igrexas en moitas cidades do Imperio.

Na mañá do 20 de abril de 1879, Alexandre II ía camiñando cara a Praza da Garda Persoal, cando foi atacado por un estudante chamado Aleksandr Soloviov. Tras ver un revolver nas súas mans, o tsar fuxiu. Soloviov disparou cinco veces, pero fallou e foi condenado a morte e aforcado o 28 de maio dese ano.

O estudante actuou pola súa conta, pero outros revolucionarios estaban desexosos de asasinar a Alexandre. En decembro de 1879, Narodnaia Volia (en ruso Vontade do pobo), un grupo revolucionario radical que ideaba unha revolución social, organizou unha explosión no ferrocarril de Livadia a Moscova, pero non alcanzaron ao vagón do Tsar. Na noite do 5 de febreiro de 1880, o mesmo conxunto revolucionario levou a cabo un atentado nun salón do Palacio de Inverno, pero o tsar volveu a saír ileso, aínda que outras 67 persoas resultaron mortas ou feridas. O comedor tamén resultou danado.[1]

Other Languages
asturianu: Alexandru II
azərbaycanca: II Aleksandr
башҡортса: Александр II
беларуская (тарашкевіца)‎: Аляксандар II
Чӑвашла: Александр II
հայերեն: Ալեքսանդր II
Bahasa Indonesia: Aleksandr II dari Rusia
Кыргызча: Александр II
монгол: II Александр
Livvinkarjala: Aleksandru II
پنجابی: الیگزنڈر II
русский: Александр II
संस्कृतम्: अलेक्ज़ांडर २
srpskohrvatski / српскохрватски: Aleksandar II od Rusije
slovenščina: Aleksander II. Ruski
Türkçe: II. Aleksandr
татарча/tatarça: Александр II
ئۇيغۇرچە / Uyghurche: ئالېكساندىر II
oʻzbekcha/ўзбекча: Aleksandr II
Tiếng Việt: Aleksandr II của Nga