Alexander Solzhenitsin

Alexander Solzhenitsin
Nobel prize medal.svg
Aleksandr Solzhenitsyn 1974crop.jpg
Nacemento11 de decembro de 1918
 Kislovodsk
Falecemento3 de agosto de 2008
 Moscova
CausaInsuficiencia cardíaca
SoterradoDonskoe Cemetery
NacionalidadeRússia bolchevique, Unión Soviética, Apátrida e Rusia
EtniaPobo ruso
RelixiónIgrexa Ortodoxa Rusa
Educado enSouthern Federal University
Ocupaciónescritor, historiador, novelista, guionista, dramaturgo, poeta e public figure
CónxuxeNatalia Alekséyevna Reshetóvskaya (1940–52 1957–72)
Natalia Dmítrievna Svetlova (1973-2008)
FillosYermolái (1970- )
Ignat (1972- )
Stepán (1973- )
XénerosNarrativa
Coñecido/a porUm Dia na Vida de Ivan Denisovich, The First Circle, Pavilhão de Cancerosos, Arkhipelag GULAG e Two Hundred Years Together
PremiosPremio Nobel de Literatura, Medalha "Pela vitória sobre a Alemanha na Grande Guerra Patriótica 1941-1945", Order of the Patriotic War 2nd class, Prêmio Templeton, Orde da Estrela Vermella, Medal "For the Capture of Königsberg", Medalha de Ouro Lomonossov e Order of the Star of Romania
Aleksandr Solzhenitsyn signature.svg
http://www.solzhenitsyn.ru
editar datos en Wikidata ]

Alexander Isáievich Solzhenitsin (en ruso: Алекса́ндр Иса́евич Солжени́цын), nado en Kislovodsk o 11 de decembro de 1918 e finado en Moscova o 3 de agosto de 2008, foi un escritor, historiador e Premio Nobel de Literatura ruso.

Traxectoria

Fillo dun terratenente cosaco morto pouco antes de que nacese e unha mestra, pasou a súa infancia en Rostov do Don e estudou na Universidade desta cidade matemáticas e física; xa entón intentou publicar algúns traballos. Graduouse en 1941 e empezou a servir ese mesmo ano no exército soviético ata 1945 no corpo de transportes primeiro e máis tarde de oficial artilleiro. Participou na maior batalla de tanques da historia (Batalla de Kursk) e foi detido en febreiro de 1945 na fronte de Prusia Oriental, preto de Königsberg (hoxe Kaliningrado) pouco antes de que empezase a ofensiva final do Exército soviético que acabaría en Berlín. Foi condenado a oito anos de traballos forzados e a desterro perpetuo por opinións antiestalinistas que escribira a un amigo. Encerrárono na Lubianka e os primeiros anos do seu cativerio pasounos en varios campos, ata que grazas aos seus coñecementos matemáticos foi a parar a un centro de investigación científica para presos políticos vixiado pola Seguridade do Estado; iso inspirou a súa novela O primeiro círculo.

En 1950 foi trasladado a un campo especial na cidade de Ekibastuz, en Casaquistán, onde se xestou Un día na vida de Iván Denísovich. Tamén traballou de presidiario mineiro, albanel e forxador, e contraeu un tumor do que foi operado; o cancro reproducíuselle e esa experiencia serviu de material para a súa novela Pavillón do cancro, que terminou en 1967. Un mes logo de cumprir os oito anos de condena, Stalin morrera, aínda que as penas de Solzhenitsyn non acabaran. Aínda tiña que cumprir o desterro «a perpetuidade», polo que foi enviado a Kok Teren desde marzo de 1953 a 1956, o que aproveitou para escribir en segredo mentres daba clases na escola primaria. Liberado e rehabilitado en 1956, a Solzhenitsyn permitíuselle vivir en Vladímir e Riazán, no centro de Rusia, onde puido levar unha vida normal, dando clases de matemáticas e escribindo sobre as súas experiencias no cárcere. Ese foi o material da súa primeira novela, Un día na vida de Iván Denísovich (novembro de 1962), que foi publicada grazas ao desxeo provocado pola denuncia do Estalinismo realizada no XX congreso do PCUS por Nikita Khrushchev. Fíxoo o poeta Aleksándr Tvardovski na revista literaria que dirixía, a máis importante do seu país, Novy Mir (Novo Mundo) e procuroulle unha gran popularidade na URSS e fóra dela. Pero a apertura durou pouco e o autor pasou os últimos anos sesenta nun forcexeo constante para pór a salvo do KGB os seus arquivos e manuscritos, moitos deles difundidos por toda Rusia en samizdat, copias rudimentarias clandestinas. Un día na vida de Iván Denísovich foi prohibida, e o orixinal de O primeiro círculo, do que o autor fixera varias versións, foi confiscado, así como todos os seus papeis.

Antes publicara a duras penas Nunca cometemos erros (1963) e Polo ben da causa (1964). En 1969 foi expulsado da Unión de Escritores Soviéticos por denunciar que a censura oficial lle prohibira varios traballos, podendo apenas publicar as novelas O primeiro círculo (1968), O pavillón do cancro (1968-1969) e Agosto 1914 (1971). O galardón do Premio Nobel de Literatura de 1970 acudiu na súa axuda; declinou, con todo, ir a Estocolmo por temor a que as autoridades soviéticas non lle permitisen regresar e, tamén, para ultimar a súa obra máis coñecida, o monumental Архипелаг ГУЛАГ. A primeira parte foi publicada en decembro de 1973 en París, despois de que unha copia do manuscrito se perdese ao caer en mans do KGB na URSS e a súa portadora, secretaria do autor, se suicidase tras ser torturada. «Co corazón oprimido -explicou na primeira páxina-, durante anos abstívenme de publicar este libro, xa rematado. O deber para os que aínda vivían podía máis que o deber para cos mortos. Pero agora, cando a pesar de todo, caeu en mans da Seguridade do Estado, non me queda máis remedio que publicalo inmediatamente».

Para escribir esta obra Solzhenítsyn entrevistara a 227 sobreviventes dos campos de traballo soviéticos ou gulags, cuxas identidades protexeu con celo. Mestura feitos históricos e autobiográficos con testemuños persoais alleos e a obra desencadeou un vendaval de ataques ao autor na prensa e os medios soviéticos. Foi detido e acusado de traizón o 12 de febreiro de 1974 e ao día seguinte foi expulsado da URSS e marchou ao exilio. Foi deportado a Alemaña Oriental (agora parte da República Federal de Alemaña) e privado da cidadanía soviética.

Архипелаг ГУЛАГ é unha análise extremadamente documentada do sistema de prisións soviético, do terrorismo e da policía secreta. Cun estilo solto, afastado de solemnidades melodramáticas e un leve toque irónico que aliviaba a tensión lectora nun labirinto de continuas traxedias, enumerábanse as atrocidades dun Estado enfrontado demencialmente ao seu propio pobo case desde os seus inicios. Nun dos momentos de maior esplendor do gulag, cara a 1936, había uns cinco millóns de prisioneiros que compuñan o que Franz Kafka chamara "a colonia penal". Un número que aumentou ano tras ano ata a morte de Stalin, en 1953. En total, entre 1928 e o falecemento do "Pai dos pobos", entre 40 e 50 millóns de persoas foron enviadas a cumprir condenas no que metaforicamente denominou Solzhenitsyn arquipélago de campos de traballo repartidos por toda a URSS. Aproximadamente a metade delas nunca regresaron.

Nobel prize medal.svg

Архипелаг ГУЛАГ publicouse primeiro en Francia (1973) e apareceu pouco despois noutros idiomas. Архипелаг ГУЛАГ 2 e Архипелаг ГУЛАГ 3 foron publicados en 1975 e 1978 respectivamente. Viaxou aos Estados Unidos en 1975 para establecerse alí tras publicar a novela-documento Lenin en Zúric: capítulos, nunha casa preto de Cavendish (Vermont), coa súa esposa Natasha e os seus tres fillos. Aí dedicouse a escribir dous ensaios: O carbalo e o tenreiro, fundamental para entender o mecanismo interno da vida literaria soviética, e O perigo mortal, no que analiza os erros da visión estadounidense sobre Rusia, onde volveu á caída do bloque soviético, ao recuperar oficialmente a cidadanía soviética, co que, ao fin, puido regresar ao seu país en 1994, onde tivo un recibimento digno dun heroe, a pesar do cal non deixou de exercer o pensamento crítico sobre Rusia. Os seus últimos traballos son Como reorganizar Rusia (1990) e O problema ruso: ao final do século XX (1992). En 1967 escribiu: «Non teño ningunha esperanza en Occidente, e ningún ruso debería tela. A excesiva comodidade e prosperidade debilitaron a súa vontade e a súa razón». Proclamaba que Occidente carecía de recursos morais e espirituais para resistirse á súa propia decadencia. Na actualidade, dedica a maior parte do seu tempo ao que considera a culminación da súa traxectoria, unha novela histórica de fondo tolstoiano, A roda vermella, que abarca desde a caída do réxime zarista ao ascenso ao poder dos bolxeviques. É unha tetraloxía composta por Agosto 1914, Outubro 1916, Marzo 1917 e Abril 1917.

En 1983 recibiu o Premio Templeton.

Nunha entrevista publicada ultimamente afirmaba que un dos principais males de Rusia consistía en carecer dunha verdadeira e importante administración a nivel local, que puidese fundar unha democracia real desde os seus cimentos.

Other Languages
azərbaycanca: Aleksandr Soljenitsın
беларуская (тарашкевіца)‎: Аляксандар Салжаніцын
dolnoserbski: Aleksandr Solženicyn
hornjoserbsce: Aleksandr Solženicyn
Bahasa Indonesia: Aleksandr Solzhenitsyn
Plattdüütsch: Alexander Solschenizyn
norsk nynorsk: Aleksandr Solzjenitsyn
srpskohrvatski / српскохрватски: Aleksandar Solženjicin
Simple English: Aleksandr Solzhenitsyn
slovenščina: Aleksander Solženicin
oʻzbekcha/ўзбекча: Aleksandr Soljenitsin
vepsän kel’: Solženicin Aleksandr
粵語: 索贊尼辛