Alcipreste dos illós

Alcipreste dos illós
Taxodium distichum
Formación de alciprestes dos illós
Formación de alciprestes dos illós
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino:Plantae
División:Coniferophyta
Clase:Pinopsida
Orde:Pinales
Familia:Taxodiaceae
Xénero:Taxodium
Especie:T. distichum
Nome binomial
Taxodium distichum
(L.) Rich, 1810

O alcipreste dos illós ou alcipreste calvo ou máis formalmente taxodio[1] (Taxodium distichum), é unha árbore conífera de folla caediza da familia das Taxodiáceas orixinaria do sueste dos Estados Unidos de América. É unha especie que se adapta moi ben aos medios húmidos: illós, grotos, brañas, encoros, lamazais etc. En Galiza atopámolo soamente coma especie ornamental nalgúns parques e xardíns públicos, especialmente na auga coma no Parque de Castrelos de Vigo. Os alciprestes dos illós do Xardín de Artime, en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), aparecen no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia.

Hábitat

O alcipreste dos illós, que é a árbore emblema de Luisiana, é orixinaria do cuadrante sueste dos Estados Unidos. Considérase a miúdo como o símbolo dos illós e lameiros do sur. Ademais de Luisiana, atopámolo en Carolina do Sur, en Illinois, en Mississippi, na Florida e en Texas.

Esta árbore aprecia os lugares asollados e os terreos asolagados, lameiros, brañas ou regularmente anegados. Medra nas beiras dos grandes ríos coma o Mississippi. Foi introducido en Europa no ano 1640. Nos terreos máis secos, está acompañado do carballo dos illós ( Quercus palustris).

A especie vivía así mesmo en Europa hai 8 millóns de anos, como o indica un excepcional achado, de xullo de 2007, preto de Bükkábrány, no departamento de Borsod-Abaúj-Zemplén en Hungría. Trátase dun grupo de árbores do mioceno cuxa madeira non se fosilizou e se conservou nunha mina de lignito.[2]

Other Languages