Alba, Vilalba

Alba
ROZA DAS MODIAS.jpg
Roza das Modias
Concello Vilalba
Poboación 336 hab. (2015)
Entidades de poboación 30

San Xoán de Alba é unha parroquia do concello de Vilalba ( Lugo). Segundo o IGE [1], en 2015 tiña 336 habitantes (167 mulleres e 169 homes), distribuídos en 30 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1991 cando tiña 478 habitantes.

Patrimonio

Roza das Modias, megálito situado no monte de Galde. Forma parte dunha necrópole composta por seis túmulos. O túmulo ten 12 metros de diámetro e 1,50 de altura. A cámara é poligonal sen lousa de cobertura e oito ortóstatos visiblemente inclinados cara ao interior.

Other Languages
español: Alba (Villalba)