Akira Toriyama

Akira Toriyama
AKİRA TORİYAMA.jpg
Nacemento5 de abril de 1955
 Nagoia
NacionalidadeXapón
OcupaciónMangaka, game artist, character design, diretor de arte e guionista
Coñecido/a porGinyu Force, The World universe, Karin, Dragon Ball e O doutor Slump e Arale
Signature of Akira Toriyama.svg
editar datos en Wikidata ]

Akira Toriyama (鳥山 明, 'monte de aves', 'luz') é un debuxante de manga e deseñador de personaxes xaponés. Naceu o 5 de abril de 1955 en Nagoya, especificamente na prefectura de Aichi.

Biografía

Dende neno amosou unha marcada aptitude para o debuxo. Malia a oposición dos pais, entrou en 1974 á Escola Superior Industrial de Aichi para estudar deseño gráfico. Un ano despois saíu da universidade para se dedicar a debuxar manga.

A súa vida de debuxante de manga comezou cunha publicación na revista semanal Shōnen Jump de Shueisha. Máis tarde crearía moitas historias que tamén serían publicadas nesa revista e, posteriormente, recollidas en tomos. Grazas ós seus populares personaxes, Toriyama é inmensamente popular no Xapón e no estranxeiro. Non obstante, malia o seu éxito, segue a vivir en Aichi e, aínda que non está apartado da vida pública da súa cidade, a súa fama deulle algúns problemas, por exemplo, cando hai rumores de que fará algunha aparición en Toquio, a oficina de gobernación preocúpase porque polo xeral multitudes de admiradores atéiganse preto da súa casa para observalo saír e, incluso, acompáñano en caravana ata o aeroporto. Este fenómeno di moito sobre a popularidade do Sr. Toriyama.

Malia a súa fama, en xeral, a Toriyama non lle gusta a exposición nos medios de comunicación colectiva, son moi raras as ocasións nas que algún xornalista conseguiu facerlle unha entrevista ou sacarlle unha foto para un xornal.

Other Languages
asturianu: Akira Toriyama
español: Akira Toriyama
français: Akira Toriyama
Bahasa Indonesia: Akira Toriyama
italiano: Akira Toriyama
日本語: 鳥山明
lietuvių: Akira Torijama
latviešu: Akira Torijama
Bahasa Melayu: Akira Toriyama
Nederlands: Akira Toriyama
norsk nynorsk: Akira Toriyama
português: Akira Toriyama
română: Akira Toriyama
саха тыла: Торияма Акира
Simple English: Akira Toriyama
српски / srpski: Акира Торијама
Türkçe: Akira Toriyama
Tiếng Việt: Toriyama Akira
吴语: 鸟山明
中文: 鳥山明
Bân-lâm-gú: Toriyama Akira
粵語: 鳥山明