Afonso VI de León

Afonso VI o Bravo
Rei de León
Rei de Galicia
Rei de Castela
AlfonsoVI of Castile.jpg
Imaxe de Afonso VI no Tombo A da Catedral de Santiago de Compostela.


Afonso-VI,-rei-de-toda-a-Galiza.png

Afonso VI, nado contra 1040,[1] [2] e finado entre o 29 de xuño e o 1 de xullo de 1109, foi un nobre do Reino de León.

Era fillo de Fernando I de Castela, o Magno, (1035-1065) e de Sancha I de Galicia, e foi rei de León desde o 27 de decembro de 1065, e de Galicia e de Castela a partir do 6 de outubro de 1072.[3]

Así, a partir de 1072 intitulouse rex Adefonsus in Castella et in Legione et in Gallecia (rei Afonso en Castela, en León e en Galicia)[4] ou simplemente en tota Gallecie (toda Galicia)[4]. Despois da conquista de Toledo en 1085 autoproclamouse Victoriosissimo rege in Toleto, et in Hispania et Gallecia (Vitoriosísmo rei de Toledo, e de Hispania e Galicia).[5] O papa Urbano II, personaxe perfectamente informado, dirixíuselle nunha carta de 1088 como Regi Ildefonso Gallitia[6] e, na primeira metade do século XII, as crónicas anglo-normandas de Guillerme de Malmesbury titulárono Gallicae Regie mentres a Historia Ecclesiástica de Orderico Vital denominouno rex Galliciae.[7]

Os historiadores alcumárono como O Bravo.

División do Reino de Castela

Folio 4v do Antifonario visigótico-mozárabe da catedral de León (c. séc. X), asinado por Afonso, seu irmán García e, quer seu irmán Sancho, quer súa nai Sancha (1062-1063).[8]

Como segundo fillo do rei Fernando I de Castela e Sancha I de Galicia,[9] Afonso non ía herdar a coroa de Castela. Porén, en 1063, seu pai convocou á corte para anunciar a súa decisión de dividir o Reino entre os seus fillos: a Afonso deixoulle León; Castela foi para seu irmán Sancho, e Galicia para o seu outro irmán García.[10] A cada un dos irmáns tamén lle asinou a unha esfera de influencia nos Estados de Taifas. Así mesmo deixou ás súas fillas as cidades de Toro (a Elvira) e de Zamora (a Urraca), tamén con título real, e unhas rendas adecuadas. Ao cederlles estes territorios, expresou o seu desexo de que os irmáns respectaran a súa decisión.

Os Reinos do norte da península

Situación política no norte da península Ibérica contra 1065:      García, co dominio de Galicia      Badaxoz, tributario de García      Sevilla, tributario de García      Afonso VI, co dominio de León      Toledo, tributario de Afonso      Sancho II, co dominio de Castela      Zaragoza, tributario de Sancho
Other Languages
беларуская: Альфонса VI Храбры
български: Алфонсо VI
brezhoneg: Alfonso VI León
հայերեն: Ալֆոնսո VI Քաջ
Bahasa Indonesia: Alfonso VI dari Kastilia
lietuvių: Alfonsas VI
polski: Alfons VI
srpskohrvatski / српскохрватски: Alfonso VI od Kastilje
slovenščina: Alfonz VI. Kastiljski
српски / srpski: Алфонсо VI од Леона
українська: Альфонсо VI