Aeroporto de Barcelona-El Prat

Aeroporto de Barcelona–El Prat
Aeroport de Barcelona - El Prat

T1 Prat Aitor Agirregabiria.jpg

IATA: BCN – ICAO: LEBL
Sumario
TipoPúblico
PropietarioAena
Cidade/IllaBarcelona
LocalizaciónEl Prat de Llobregat
Elevación (msnm)4 metros / 14 pés
Coordenadas41°17′49″N 2°4′42″L / 41°17′49″N 2°4′42″L / -2.07833
Webaena-aeropuertos.es
Pista(s)
DirecciónLongoSuperficie
metrospés
7L/25R3 74312 281formigón asfáltico
7R/25L2 6608 727formigón asfáltico
02/202 5408 334formigón asfáltico
Estatísticas (2017)
Pasaxeiros47 284 500
Aumento pasaxeirosCrecente (crecemento) 7,1%
Operacións323 539
Aumento operaciónsCrecente (crecemento) 5,1%
Carga (tons)156 105
Aumento cargaCrecente (crecemento) 14,9%
Fonte: AENA[1]

O Aeroporto de Barcelona–El Prat (IATA: BCNOACI: LEBL) é un aeroporto español da rede de AENA que dá servizo á cidade de Barcelona. Atópase 10 km ao suroeste da cidade, no municipio de El Prat de Llobregat, a unha altura de 4 metros sobre o nivel medio do mar. É o maior aeroporto en extensión e tráfico de Cataluña, e o segundo de maior tráfico de España tralo Aeroporto de Barajas (Madrid),[2] co que mantén o corredor aéreo regular de pasaxeiros máis transitado do mundo.[3] Ademais é o oitavo aeroporto de Europa por pasaxeiros e o 35º do mundo.

Historia

O primeiro campo de aviación de Barcelona situouse en El Remolar (Viladecans) en 1916 en terreos dunha granxa avícola chamada La Volatería, da que tomou o seu nome. Dous anos máis tarde un novo campo de aviación foi aberto en El Prat de Llobregat a uns centos de metros do anterior emprazamento. O primeiro avión en aterrar foi un Latecoere Salmson 300 da liña de Pierre-Georges Latécoère, que chegou de Tolosa con destino final Casablanca. O aeroporto foi utilizado como sede do Aeroclub de Cataluña e como base para a frota de Zeppelin e hidroavións da Armada e do Exército de Terra Español. Os servizos comerciais regulares comezaron en 1927 coa liña de Iberia que o unía co Aeroporto de Cuatro Vientos de Carabanchel Alto. Esta liña foi a primeira liña de Iberia.

Na década de 1940 decidiuse ampliar o aeroporto, para o que entre 1941 e 1946 realizáronse unha serie de obras para unir os dous aeródromos. En 1948 estreouse a pista 07-25 e operou o primeiro voo intercontinental operado pola aeroliña Pan American a Nova York con avións Lockheed Constellation. Entre 1948 e 1952 construíuse unha segunda pista perpendicular á anterior, así como rúas de rodaxe e unha terminal para atender aos pasaxeiros. En 1963 alcanzouse o millón de pasaxeiros anuais e dous anos máis tarde volveuse a ampliar a pista principal e engadíuselle unha rúa de rodaxe con rúas de saída rápida. Ese mesmo ano tamén se construíu unha torre de control e unha nova plataforma de estacionamento de aeronaves. En 1968 abriuse unha nova terminal que actualmente é o á máis vella da terminal T2B.

O día 3 de agosto de 1970 a compañía aérea Pan American inaugurou unha liña regular entre Barcelona-El Prat, Lisboa e Nova York operada cun Boeing 747SP. O 4 de novembro Iberia iniciou o servizo de ponte aérea entre Barcelona-El Prat e Madrid-Barajas. Poucos anos máis tarde, en 1976, inaugurouse unha terminal específica para esta ruta, unha terminal exclusiva para carga, un servizo anexo de correos e unha plataforma de estacionamento para avións de carga aérea. No ano 1977 o aeroporto supera os 5 millóns de pasaxeiros anuais.

Desde finais dos setenta ata principios dos noventa o aeroporto estivo estancado tanto en tráfico como investimentos ata que a preparación para os Xogos Olímpicos de 1992 impulsou unha nova reforma que consistiu na modernización e ampliación da terminal existente naquel momento (terminal B) e a construción das outras dúas (terminais A e C) que xa incorporaban pasarelas de acceso directo ao avión. Esta reforma foi deseñada polo arquitecto Ricardo Bofill Levi. En 1996 inaugúrase a nova torre de control tamén deseñada por Ricardo Bofill Levi.

Debido á forte baixada do tráfico aéreo que se sufriu logo de 1999 e a crise do sector aéreo en 2001, desviáronse a Barcelona-El Prat moitas operacións chárter que se realizaban nos aeroportos de Xirona e Reus, o cal axudou ao aeroporto a aguantar a crise.

Ata o 6 de xuño de 2011, o aeroporto chamábase oficialmente Aeroporto de Barcelona, na que o Ministerio de Fomento ante as presións do Concello de El Prat de Llobregat decide cambiar o nome oficial polo de Aeroporto de Barcelona-El Prat.

Other Languages