Adolfo Sánchez Vázquez

Adolfo Sánchez Vázquez
Adolfo Sánchez Vázquez 2003 (cropped).jpg
Nacemento 17 de setembro de 1915
Lugar Algeciras
Falecemento 8 de xullo de 2011
Lugar Cidade de México
Nacionalidade España e México
Alma máter Universidade Nacional Autónoma de México e Universidade Complutense de Madrid
Ocupación filósofo, catedrático de universidade, crítico literario, escritor de non ficción e escritor
Premios Premio Nacional de Ciencias y Artes, Gran Cruz da Orde Civil de Afonso X o Sabio, doutor honoris causa, doutor honoris causa, doutor honoris causa e Gran Cruz da Orde do Mérito Civil
editar datos en Wikidata ]

Adolfo Sánchez Vázquez, nado en Alxeciras o 17 de setembro de 1915 e finado en Cidade de México o 8 de xullo de 2011, foi un filósofo, escritor e profesor mexicano oriúndo de España. [1]

Traxectoria

Logo de estudar Filosofía na Universidade de Madrid, emigrou a México en 1939 xunto a outros miles de intelectuais, científicos e artistas, despois da caída da Segunda República Española, durante a Guerra Civil. Obtivo un doutoramento en Filosofía pola Universidade Nacional Autónoma de México, onde impartiu clases como profesor emérito. Foi presidente da Asociación Filosófica de México e membro do Consejo Consultivo de Ciencias de la Presidencia de la República.

Adoptou unha versión aberta, renovadora, crítica e non dogmática do marxismo. Con respecto á ética, opúxose ao normativismo.