Acetal

Estrutura xeral dun acetal.
No cetal un grupo R está substituíndo ao H que teñen os acetais.

En química, os acetais e os cetais son moléculas con dous grupos alcoxi (-OR) unidos a un mesmo átomo de carbono. Na definición actual da IUPAC [1] o termo acetal é máis amplo e abrangue tamén aos cetais, de modo que estes últimos serían unha subclase dentro dos acetais. Nos cetais [2] o átomo de carbono funcional está unido necesariamente a dous átomos de carbono, entanto que nos acetais ese átomo está unido polo menos a un hidróxeno.

A formación dun acetal ten lugar cando o grupo hidroxilo dun hemiacetal é protonado e pérdese en forma dunha molécula de auga. O ión ( carbocatión) que se produce é rapidisimamente atacado por unha molécula de alcohol, e orixínase o acetal.

A maioría dos enlaces glicosídicos dos carbohidratos e compostos como os glicósidos son enlaces acetal. [3]

Nomenclatura IUPAC

A IUPAC admite dous tipos de nomenclatura para os acetais e cetais. Unha, baseada na construción sistemática de nomes, utilizando prefixos: alcoxi, hidroxi etc. A outra, máis común, consiste na construción do nome do aduto utilzando o nome do composto carbonílico orixinal e os nomes dos radicais que conforman o sistema acetálico. Por exemplo: o aduto cetálico da reacción de acetona con etanol en condicións axeitadas pode chamarse cetal dietílico da acetona.

Other Languages
العربية: أسيتال
català: Acetal
Deutsch: Acetale
English: Acetal
español: Acetal
eesti: Atsetaalid
فارسی: استال
suomi: Asetaalit
עברית: אצטל
हिन्दी: एसिटल
hrvatski: Acetal
italiano: Acetali
日本語: アセタール
한국어: 아세탈
македонски: Ацетал
മലയാളം: അസറ്റാൽ
Nederlands: Acetaal
norsk nynorsk: Acetal
norsk: Acetal
polski: Acetale
português: Acetal
română: Acetal
русский: Ацетали
srpskohrvatski / српскохрватски: Acetal
slovenčina: Acetál
српски / srpski: Acetal
svenska: Acetal
українська: Ацеталі
oʻzbekcha/ўзбекча: Atsetallar
中文: 缩醛