Abrocho de raios gamma

Luminiscencia visible de GRB 970508 ollada un mes despois da detección do abrocho. Cando a fusión non xera a presión de abondo para contrarrestar a gravidade, a estrela colapsa axiña para formar un burato negro. En teoría, a enerxía pode ser liberada durante o colapso na dirección do eixo de rotación para formar un abrocho de raios gamma. Os abrochos a miúdo son acompañados por outros fenómenos de longa ou curta duración. Un abrocho caracterízase pola súa forte luminosidade.

Os abrochos de raios gamma (tamén coñecidos como explosións de raios gamma ou GRB nas súas siglas en inglés) son escintileos de raios gamma asociados con explosións estremadamente enerxéticas en galaxias afastadas. Son os eventos electromagnéticos máis luminosos que ocorren no universo. Os abrochos poden durar dende uns nanosegundos até varias horas,[1] pero polo xeral, un abrocho típico adoita durar uns poucos segundos. Con frecuencia son seguidos por unha luminescencia residual de longa duración de radiación a lonxitudes de onda maior, (raios X, radiación ultravioleta, luz visible, radiación infravermella e radiofrecuencia).

Other Languages