Abrantes

Esta páxina trata sobre o concello portugués. Para a obra Os europeos en Abrantes, véxase o seu autor Vicente Risco.
Abrantes
Pt-abt1.png
ABT.png
Localización
LocalAbrantes.svg
PaísFlag of Portugal.svg Portugal
RexiónCentro
SubrexiónMedio Texo
DistritoSantarém
Xeografía
Superficie714,73 km²
Demografía
Poboación39.325 hab. (2011)[1]
Densidade55,02 hab/km²
XentilicioAbrantino
Outros datos
Código postal2200 Abrantes
www.cm-abrantes.pt

Abrantes é un concello e cidade do distrito de Santarém (Portugal), na provincia de Ribatexo, rexión do Centro (Região das Beiras) e sub-rexión de Médio Tejo, cuns 18.500 habitantes.[2]

É a cabeceira dun concello con 714,69 km² de superficie[3] e 39.325 habitantes (2011),[4] subdividido e 13 freguesias[5] ou parroquias e cunha densidade demográfica de 55,02 hab/km².

O concello limita polo norte con Vila de Rei, Sardoal e Mação, ao leste por Gavião, no sul con Ponte de Sor e no oeste con Chamusca, Constância, Vila Nova da Barquinha e Tomar.

Historia

A orixe podería ser celta, aínda que o seu nome provén do latín Aurantes. Recibiu categoría de cidade en 1916, pola lei nº 601 de 14 de xuño. Hoxe a cidade engloba catro das freguesías: Rossio ao Sul do Tejo, São João e São Vicente e Alferrarede.

Fitos históricos principais:

  • En 1148, Afonso Henriques conquista aos musulmáns o Castelo de Abrantes e dóao, en 1173, xunto co seu termo á Orde de Santiago da Espada.
  • 1179: Primeiro foro de Abrantes, concedido por Don Afonso Henriques, en recompensa pola resistencia ofrecida aso ataques mususlmáns de Abem Jacob.
  • 1217: Confirmación do foro por D. Afonso II.
  • En 1385 Abrantes serviu de punto de encontro entre as tropas de Nuno Álvares Pereira e de Xoán I, antes de partiren para a  Batalla de Aljubarrota.
  • En 1471 Lopo de Almeida é nomeado 1.º Conde de Abrantes.[6]
  • En 1518 é reformado o Foro de Abrantes por Manuel I.
  • 1807: Abrantes é ocupada polas tropas do xeneral Junot, a quen Napoleón Bonaparte concedeu o título de Duque de Abrantes.
  • 7 de novembro de 1862: inauguración da liña férrea do Leste.
  • En 1870 foi concluída a ponte sobre o Texo; a ponte ferrovizria fora inaugurada en 1889.
  • En 1891 entrou en funcionamento a Liña da Beira Baixa.
Other Languages
العربية: آبرانتس
беларуская: Абрантыш
brezhoneg: Abrantes
català: Abrantes
dansk: Abrantes
Deutsch: Abrantes
English: Abrantes
Esperanto: Abrantes
español: Abrantes
eesti: Abrantes
فارسی: آبرانتس
suomi: Abrantes
français: Abrantes
Bahasa Indonesia: Abrantes
italiano: Abrantes
ქართული: აბრანტეში
한국어: 아브란트스
Bahasa Melayu: Abrantes
مازِرونی: ابرانتس
Nederlands: Abrantes
norsk: Abrantes
polski: Abrantes
português: Abrantes
română: Abrantes
русский: Абрантиш
svenska: Abrantes
Türkçe: Abrantes
українська: Абрантеш
oʻzbekcha/ўзбекча: Abrantish
Tiếng Việt: Abrantes
Volapük: Abrantes
Bân-lâm-gú: Abrantes