A ameaza da zona escura

A ameaza da zona escura
Ficha técnica
Título orixinalDoragon Bōru Zetto Ora no Gohan o Kaese!!
DirectorDaisuke Nishio
ProdutorKōzō Morishita
GuiónTakao Koyama
Baseado enDragon Ball de Akira Toriyama
IntérpretesMasako Nozawa
Akira Kamiya
Toshio Furukawa
Hiromi Tsuru
Mayumi Tanaka
Daisuke Gōri
Mayumi Shō
Kōhei Miyauchi
Kenji Utsumi
Kōji Totani
Shigeru Chiba
Yukitoshi Hori
MúsicaShunsuke Kikuchi
FotografíaMotoaki Ikegami
MontaxeShinichi Fukumitsu
EstudioToei Animation
DistribuidoraToei Company
Estrea1989
Duración41 minutos
OrixeFlag of Japan.svg Xapón
XéneroAnimación
Filme anteriorAventura mística
Filme seguinteO máis forte do mundo

A ameaza da zona escura (オラの悟飯をかえせッ Ora no Gohan o Kaese!!?, lit. "Devólveme a Gohan") é o cuarto filme da serie de anime Dragon Ball e a primeira de Dragon Ball Z. Dirixido por Daisuke Nishio, foi estreado en 1989.

Argumento

Hai moitos séculos, Kamisama competiu con Garlic por ser o sucesor do Deus da Terra. Este decatouse das malvadas intencións de Garlic e escolleu a Kamisama como o seu sucesor; irritado, Garlic rebelouse contra Deus, pero foi desterrado. 300 anos despois, o seu fillo, Garlic Jr., volveu para vingarse, reunir as Bólas do Dragón e conseguir ser inmortal. Cando buscaban as bólas, secuestran a Son Gohanda, xa que quere usa-lo seu poder e decide convertelo no seu discípulo.

Para acabar co inimigo, Piccoro e Son Goku unen as súas forzas coa intención de ter un combate a morte sen resultar vitoriosos pola inmortalidade do seu inimigo. Ó final Garlic Jr. crea un vórtice cara a Zona Morta pero Gohan desata a súa furia e logra enviar a Garlic Jr. alí.