A Divina Comedia

Comencia la Comedia, 1472

A Divina Comedia, tamén coñecida como Comedia ou Divina Comedia (en italiano Commedia /{komˈmɛdja/ ou Divina Commedia /diˈvina komˈmɛdja/) é un poema de Dante Alighieri escrito en lingua vernácula, o dialecto toscano de Florencia, entre 1308 e a súa morte en 1321. O adxectivo Divina, atribuído a Boccaccio, atópase soamente a partir da edición impresa en 1555 por Ludovico Dolce. A Commedia é a obra de Dante máis coñecida e unha importante testemuña da civilización medieval. Coñecida e estudada en todo o mundo, considérase unha das obras mestras da literatura do mundo de tódolos tempos [1].

Foi traducida ao galego por Darío Xohán Cabana, publicada en 1990 polo Servizo Central de Publicacións da Consellaría da Presidencia e Administración Pública, e galardoada u ano máis tarde coa Medalla de Ouro de Florencia [2]. Con todo, volvería ser retraducida polo mesmo tradutor e publicada de novo por Edicións da Curuxa en 2014 [3].

Composición

A Divina Comedia está dividida en tres cánticos compostos por trinta e tres cantos cada un.

Os tres cánticos chamados cantiche (plural en italiano de cantica) son: Inferno ( Inferno), Purgatorio ( Purgatorio) e Paradiso ( Paraíso); O Inferno contén un canto adicional de apertura. O poeta narra unha viaxe a través dos tres reinos supraterreais que o levan á visión da Trindade. A súa representación imaxinaria e alegórica do inframundo cristián é un dos cumios da visión do mundo medieval desenvolvido pola Igrexa católica.

Other Languages
Alemannisch: Göttliche Komödie
aragonés: A Divina Comedia
azərbaycanca: İlahi Komediya
беларуская: Боская камедыя
беларуская (тарашкевіца)‎: Боская камэдыя
brezhoneg: Divina Commedia
čeština: Božská komedie
Ελληνικά: Θεία Κωμωδία
English: Divine Comedy
español: Divina comedia
فارسی: کمدی الهی
français: Divine Comédie
interlingua: Divin Comedia
Bahasa Indonesia: Divina Commedia
italiano: Divina Commedia
日本語: 神曲
한국어: 신곡
lumbaart: Divina Cumedia
Plattdüütsch: Göttliche Komödie
Piemontèis: Divin-a Comedia
português: Divina Comédia
rumantsch: Divina Commedia
română: Divina Comedie
sicilianu: Divina Cummedia
srpskohrvatski / српскохрватски: Divina Commedia
Simple English: The Divine Comedy
slovenčina: Božská komédia
slovenščina: Božanska komedija
Kiswahili: Divina Commedia
Türkmençe: Ylahy komediýa
Türkçe: İlahi Komedya
Tiếng Việt: Thần khúc
中文: 神曲
Bân-lâm-gú: Sîn-khiok
粵語: 神曲