ADN ligase

DNA ligase
DNA Repair.jpg
ADN ligase reparando danos nun cromosoma.
Identificadores
Número EC 6.5.1.1
Número CAS 9015-85-4
Bases de datos
IntEnz vista de IntEnz
BRENDA entrada de BRENDA
ExPASy vista de NiceZyme
KEGG entrada de KEGG
MetaCyc vía metabólica
PRIAM perfil
Estruturas PDB RCSB PDB PDBe PDBsum
Gene Ontology AmiGO / EGO
DNA Ligase.jpg
ligase I, DNA, ATP-dependente
Identificadores
Símbolo LIG1
Entrez 3978
HUGO 6598
OMIM 126391
RefSeq NM_000234
UniProt P18858
Outros datos
Locus [1]
Identificadores
Símbolo LIG3
Entrez 3980
HUGO 6600
OMIM 600940
RefSeq NM_002311
UniProt P49916
Outros datos
Locus q11.2-q12
Identificadores
Símbolo LIG4
Entrez 3981
HUGO 6601
OMIM 601837
RefSeq NM_002312
UniProt P49917
Outros datos
Locus q33-q34

En bioloxía molecular, a ADN ligase (ou DNA ligase) é un tipo específico de encima ligase ( 6.5.1.1) que facilita a unión dos extremos de dúas febras de ADN ao catalizar a formación dun enlace fosfodiéster. Xoga un importante papel na replicación do ADN e na reparación de roturas de febra simple no ADN dúplex nos organismos vivos, pero algunhas formas (como a ADN ligase IV) poden reparar especificamente roturas de dobre febra (é dicir, que afectan a ambas as febras do ADN). Cando son reparadas as roturas de febra simple, [1] a ADN ligase xera o enlace fosfodiéster final para rematar coa reparación.

A ADN ligase utilízase de forma natural polas células para a reparación e a replicación do ADN. Ademais, ten amplas aplicacións nos laboratorios de bioloxía molecular para os experimentos de ADN recombinante. A ADN ligase purificada utilízase na clonación de xenes para unir moléculas de ADN e formar ADN recombinante.

Mecanismo da ligase

O mecanismo utilizado pola ADN ligase é formar dous enlaces fosfodiéster covalentes entre o extremo 3' hidroxilo dun nucleótido, ("aceptor") co extremo 5' fosfato doutro ("doante"). Con moitas das ADN ligases requírese ATP para esta reacción, que se realiza en tres etapas:

  1. adenilación (adición de AMP) dun residuo de lisina no centro activo do encima, con liberación de pirofosfato;
  2. transferencia dun AMP ao fosfato 5' do denominado doante e formación dun enlace fosfodiéster;
  3. formación dun enlace fosfodiéster entre o fosfato 5' do doante e o hidroxilo 3' do aceptor. [2]
Exemplo de funcionamento dunha ligase (con extremos coherentes).

A ligase pode funcionar en ADN con extremos coherentes e tamén con extremos romos, aínda que neste último caso se requiren altas concentracións de encima e diferentes condicións de reacción.

Other Languages
català: ADN ligasa
čeština: DNA ligáza
Deutsch: DNA-Ligase
Ελληνικά: DNA λιγάση
English: DNA ligase
español: ADN ligasa
français: ADN ligase
Հայերեն: ԴՆԹ լիգազ
Bahasa Indonesia: DNA ligase
italiano: DNA ligasi
日本語: DNAリガーゼ
македонски: ДНК лигаза
Nederlands: DNA-ligase
polski: Ligaza DNA
português: ADN ligase
srpskohrvatski / српскохрватски: DNK ligaza
slovenčina: DNA ligáza
српски / srpski: DNK ligaza
svenska: DNA-ligas
Türkçe: DNA ligaz
українська: ДНК-лігаза
中文: DNA連接酶