ABBA

ABBA logo.png
ABBA - TopPop 1974 5.png
ABBA en 1974. De esquerda a dereita: Benny Andersson, Anni-Frid Lyngstad, Agnetha Fältskog e Björn Ulvaeus.
OrixeEstocolmo, Suecia Flag of Sweden.svg
Período1972 - 1982
Xénero(s)pop
Selo(s) discográfico(s)Polar, Polydor, Atlantic, Universal, Epic, Vogue, RCA, PolyGram, Sunshine (Rhodesia-Zimbabwe), Ariston/Dig It (Italia)

ABBA (estilizado ᗅᗺᗷᗅ®) foi un grupo sueco de música pop, integrado por Benny Andersson, Anni-Frid «Frida» Lyngstad, Björn Ulvaeus e Agnetha Fältskog. O nome «ABBA» é un acrónimo formado polas primeiras letras do nome de cada membro (Agnetha, Björn, Benny, Anni-Frid).[1] O cuarteto formouse en Estocolmo en 1972, pero só lograron fama internacional ao triunfar no Festival de Eurovisión 1974.[2] Desde entón, ABBA gañou popularidade empregando melodías pegadizas, letras simples e o seu son propio, caracterizado polas harmonías das voces femininas e o wall of sound, un efecto musical creado polo produtor Phil Spector. Björn e Agnetha contraeron matrimonio meses antes da formación do cuarteto, mentres que Benny e Frida fixérono en 1978; os catro cumprían coas súas obrigacións artísticas ao tempo que se ocupaban das súas novas familias. As súas gravacións tiveron un impacto comercial que os levou a converterse nos artistas de maior éxito da súa compañía discográfica —Universal Music Group— e a ser a banda con máis vendas nos anos 1970.[3][4]

ABBA foi o primeiro grupo pop europeo en experimentar o éxito en países de fala inglesa fora de Europa, principalmente Australia, Nova Zelandia, Suráfrica, Canadá e en menor medida Estados Unidos. Porén, no cume da súa popularidade, ambos matrimonios disolvéronse e estes cambios reflectíronse na súa música, ao escribir letras máis profundas cun estilo musical diferente. A agrupación experimentou un declive comercial e finalmente decidiron separarse, de modo que en decembro de 1982 realizaron a súa última aparición como ABBA.[5]

Logo dun tempo fora do interese público, na década de 1990 o lanzamento de varios álbums de recompilación fixeron posible o seu regreso ao cume das listas de popularidade, e ABBA é agora un dos grupos de maior éxito, con vendas estimadas de entre 380 e 400 millóns das súas producións musicais en todo o mundo.[6][7][8][9][10] A súa foi interpretada por varios artistas recoñecidos, e tamén é a base do musical Mamma Mia!. A agrupación é un símbolo do seu país de orixe, ademais dunha figura importante na expansión do europop. Así, a súa popularidade abriu as portas a outros artistas europeos, unha das razóns polas que ingresaron ao Salón da Fama do Rock.[11][12]

Antes de ABBA

The Hep Stars, a primeira banda de Benny Andersson.

Desde os 18 anos de idade, Benny Andersson foi membro de The Hep Stars, unha banda sueca de pop rock que facía versións en sueco de éxitos internacionais. Benny tocaba o teclado e comezou a compoñer temas orixinais para a súa banda, moitos dos cales convertéronse en éxitos locais como: «No Response», «Sunny Girl», «Wedding», «Consolation» e «Speleman».[13] Tamén tiña unha frutífera colaboración co compositor Lasse Berghagen, con quen escribiu e produciu a canción «Hej, Clown» para o Melodifestivalen 1969, o festival que serve como preselección sueca para o Festival de Eurovisión. O tema empatou en primeiro lugar con «Judy min vän» de Tommy Körberg, pero na segunda rolda quedou no segundo posto. Este primeiro intento animou a Benny a seguir escribindo melodías para o festival.[14]

Do mesmo xeito, Björn Ulvaeus pertencía a The Hootenanny Singers, un grupo sueco de música folclórica e skiffle, que tiñan un contrato coa discográfica Polar Music. Björn comezou a escribir material para a súa banda, mentres intentaba sacar adiante unha carreira como produtor en Polar Music, onde se fixo amigo de Stig Anderson, o dono da discográfica.[13] A miúdo The Hootenanny Singers e The Hep Stars coincidían en varios espectáculos, e pronto os dous escritores comezaron unha relación profesional.[15]

En xuño de 1966 compuxeron a súa primeira canción xuntos, a cal titulouse «Isn't It Easy to Say», gravada por The Hep Stars. Stig viu moito potencial na súa colaboración e animounos a que realizasen máis composicións. Björn e Benny comenzaron a tocar coa banda do outro no escenario e no estudio, pero non foi ata 1969 cando os dous compositores escribiron e produciron os seus primeiros éxitos: «Ljuva sextiotal», gravada por Brita Borg e «Speleman», o éxito de The Hep Stars.[16]

Agnetha Fältskog[nota 1] gravou o seu primeiro álbum de estudio cando só tiña 17 anos e os críticos recoñecérona como unha compositora talentosa. De feito, antes de formar parte de ABBA, Agnetha xa publicara catro álbums e máis de quince sinxelos en Suecia.[13] A inspiración nos seus primeiros anos proviña de cantantes co estilo de Connie Francis, aínda que a maioría das súas cancións pertencían ao xénero schlager. Xunto coas súas propias composicións gravou varias versións de éxitos estranxeiros e cantábaos nas súas xiras polos folkparks.[17]

Anni-Frid «Frida» Lyngstad cantou desde os 13 anos con varias bandas de jazz, incluso creou a súa propia agrupación chamada Anni-Frid Four. No verán de 1967 gañou unha competición nacional de talento coa canción «En ledig dag», onde o primeiro premio era un contrato coa discográfica EMI e unha presentación en directo nun popular programa de televisión. SVT transmitiu o episodio no « Dagen H», o que permitiu un nivel de audiencia alto durante a presentación de Frida.[18] Deste xeito lanzou varios sinxelos con EMI e tivo un éxito significativo nas listas de radio suecas. A partir de 1969, Frida comezou a viaxar e a presentarse con regularidade nos folkparks, ademais de facer aparicións en radio e televisión. En 1971 púxose en contacto con Benny para producir o seu primeiro álbum, onde conseguiu o seu primeiro sinxelo número un. Nesa canción, «Min egen stad», os catro futuros membros de ABBA cantaban nos coros.[18]

Previamente, Frida coñeceu a Björn en 1963 durante o concurso de talento, e a Agnetha durante un programa de televisión a principios de 1968. En marzo de 1969, Agnetha coñeceu a Björn nun concerto, volvéndose a encontrar durante a gravación dun especial de televisión e pronto convertéronse en parella.[13] O 1 de maio dese ano, Frida participou no Melodifestivalen 1969, onde coñeceu a Benny. Unhas semanas despois víronse nun concerto e ao pouco tempo tamén se comprometeron, pero ata 1978 non contraeron matrimonio.[13] The Hep Stars e The Hotennany Singers desintegráronse a finais da década de 1960, polo que Björn e Benny comenzaron a gravar o seu primeiro álbum como dúo, chamado Lycka, o cal contiña composicións feitas ao longo deses anos. Frida e Agnetha colaboraron nos coros dalgúns temas.[15]

En abril de 1970, cando os catro estaban de vacacións en Chipre, o que empezou como un canto por diversión na praia, rematou nunha presentación improvisada ante os Cascos Azuis da ONU, sendo esta a primeira presentación dos futuros membros de ABBA.[15] En setembro de 1970 saíu á venda o álbum Lycka, acreditado simplemente ao dúo Björn & Benny. Para a promoción lanzáronse como sinxelos os temas «Det kan ingen doktor hjälpa» e «Tänk om jorden vore ung», con Agnetha e Frida como coristas, que obtiveron un éxito moderado. Finalmente, o 1 de novembro de 1970 en Gotemburgo os catro presentaron un espectáculo de cabaret denominado Festfolk —un xogo de palabras en sueco que significa ‘festa da xente’ ou ‘parellas comprometidas’—, recibindo críticas negativas.[1] Xunto con outros números, o cuarteto cantaba o éxito de Björn & Benny «Hej, gamle man» e cancións dos seus propios álbums. O espectáculo non captou a atención do público, e tras unha curta xira por Suecia os catro decidiron concentrarse nos seus proxectos individuais de novo.[19]

Other Languages
Afrikaans: ABBA
aragonés: ABBA
Ænglisc: ABBA
مصرى: ابا
asturianu: ABBA
azərbaycanca: ABBA
башҡортса: ABBA
Boarisch: ABBA
žemaitėška: ABBA
беларуская: ABBA
беларуская (тарашкевіца)‎: ABBA
български: АББА
বাংলা: অ্যাবা
bosanski: ABBA
català: ABBA
čeština: ABBA
Чӑвашла: АББА
Cymraeg: ABBA
dansk: ABBA
Deutsch: ABBA
Ελληνικά: ABBA
emiliàn e rumagnòl: ABBA
English: ABBA
Esperanto: ABBA
español: ABBA
eesti: ABBA
euskara: ABBA
فارسی: آبا
suomi: Abba
Võro: ABBA
føroyskt: ABBA
français: ABBA
Gaeilge: ABBA
Gàidhlig: ABBA
עברית: אבבא
hrvatski: ABBA
magyar: ABBA
հայերեն: ABBA (խումբ)
interlingua: ABBA
Bahasa Indonesia: ABBA
Ido: ABBA
íslenska: ABBA
italiano: ABBA
日本語: ABBA
Basa Jawa: ABBA
ქართული: ABBA
kalaallisut: ABBA
한국어: ABBA
Кыргызча: ABBA
Latina: ABBA
Lëtzebuergesch: ABBA
Lingua Franca Nova: ABBA
Limburgs: ABBA
lingála: ABBA
lietuvių: ABBA
latviešu: ABBA
Malagasy: ABBA
македонски: АББА
монгол: АББА
кырык мары: ABBA
မြန်မာဘာသာ: အဘ္ဘာ
Dorerin Naoero: ABBA
Nāhuatl: ABBA
Nederlands: ABBA
norsk nynorsk: ABBA
norsk: ABBA
occitan: ABBA
Kapampangan: ABBA
polski: ABBA
Piemontèis: ABBA
português: ABBA
Runa Simi: ABBA
română: ABBA
русский: ABBA
русиньскый: ABBA
sicilianu: ABBA
Scots: ABBA
srpskohrvatski / српскохрватски: ABBA
Simple English: ABBA
slovenščina: ABBA
shqip: ABBA
српски / srpski: АББА
svenska: Abba
Kiswahili: ABBA
தமிழ்: ஆபா
Tagalog: ABBA
Türkçe: ABBA
українська: ABBA
vèneto: ABBA
Tiếng Việt: ABBA
Volapük: ABBA
Winaray: ABBA
ייִדיש: אבבא
中文: ABBA
Bân-lâm-gú: ABBA
粵語: ABBA